Fiare e Arç impulsan o seguro ético e solidario

Fiare e a cooperativa Arç Corredoria d’Assegurances asinaron en setembro de 2010 un convenio de colaboración para impulsar o desenvolvemento do seguro ético e solidario e a construción do mercado social.

Arç é unha correduría de seguros, cooperativa de traballo asociado, con 28 anos de experiencia, especializada na xestión de programas de seguros para a economía social e solidaria e para instalacións de enerxías renovables. Forma parte da Xarxa d’Economia Solidària de Catalunya e da Comissió de Mercat Social de Reas (Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria).

Arç foi o primeiro mediador de seguros de Europa que obtivo o rexistro para a xestión do seguro ético e solidario, co máximo nivel de rexistro (RG2).

O obxectivo do convenio subscrito é mellorar os programas de seguros vixentes contratados polas empresas ou entidades asociadas a Fiare ou, se aínda non tivesen contratadas pólizas de seguros, pór á súa disposición as mellores ofertas que se lograran, grazas á aplicación do criterio de compra colectiva en relación coa idoneidade de coberturas, custos e criterios de emisión e xestión.

Dos produtos desenvolvidos por Arç a través do convenio convén destacar o servizo Due Dilligence, de programas de seguros para Fiare como entidade financeira, e o diagnóstico e optimización de programas de seguros para as empresas e entidades asociadas a Fiare.

Para máis información, solicitude de proxectos, e seguros para particulares: http://www.arccoop.coop/fiare .

Podes seguir lendo este Etikum-5-EdicGaliza-xullo11.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: