Food, Inc.

Food, Inc. PosterA longametraxe documental “Food Inc.” mostra o funcionamento da industria alimentaria de EE.UU e os procesos que se ocultan ao consumidor co consentimento das axencias reguladoras e de control gobernamentais. Revela que a subministración de alimentos de EE.UU está controlado por un puñado de corporacións que a miúdo antepoñen os beneficios á saúde do consumidor, ao sustento de agricultores e granxeiros e á protección do medio ambiente.

En Norteamérica, cinco compañías de comida rápida determinan, co seu poder de compra masivo, as regras do xogo para todo o sector agrogandeiro (condicionando mesmo aos pequenos granxeiros): desde que cultivos monopolizan a produción até como se engorda e faena ao gando. O resultado é un sistema no que a comida rápida, máis barata que a saudable, copou restaurantes e supermercados, provocando danos ás veces letais e augurando un futuro de obesidade e diabetes xeneralizado, mentres crece sen control un sector de emprego barato e desprotexido e o lobby que mantén baixo control ás entidades gobernamentais que deberían estar ao fiscalizar.

Apoiado nas investigacións de Eric Schlosser para a súa ‘bestseller’ “Fast Food Nation” e no libro de Michael Pollan “The Omnivore’s Dilemma (O dilema do omnívoro)”, o documental saca á luz datos estremecedores sobre o que comemos e como se produce e o seu efecto na actividade económica e a saúde do consumidor. Aínda que este documental investiga a situación da industria alimentaria en Estados Unidos, as súas revelacións falan dunha clara tendencia global.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: