Sen escusas para facer un consumo responsable

Consumimos esaxeradamente? Cáritas Española publicou “Cidadanía do consumo: cara a un consumo máis responsable” que inclúe elementos teóricos e para a reflexión pero tamén denuncia e  dá propostas para cambiar os nosos hábitos de consumo.

O consumo converteuse nunha variable fundamental no desenvolvemento dos países, das economías e na creación de riqueza. Os trazos que caracterizan á nosa sociedade son o individualismo e o diñeiro. Somos cidadáns en tanto que consumidores, e perdemos cada vez máis outras características que nos definen e nos explican. Existimos sempre que consumimos e somos consumidos.

O aumento da produción de bens nun menor período de tempo, unido aos avances en investigación permite unhas posibilidades aparentemente infinitas de consumo, á súa vez cargado de consecuencias negativas, en especial para o medio ambiente, debido á crecente xeración de residuos ou o gasto excesivo de recursos. Isto leva a pór en dúbida o sistema económico actual e a exporse novas formas de consumo.

Este número de Documentación Social fai unha achega á reflexión existente sobre o consumo responsable onde se mestura a visión académica coas experiencias prácticas; a denuncia coa proposta; o activismo coa construción de elementos teóricos e para a reflexión.

Para iso faise un percorrido teórico sobre as diferentes explicacións que se deron a como e porqué consumimos; elabórase unha análise das bases morais, políticas e espirituais dun consumo comprometido; preséntanse os principais postulados de partida do modelo actual de consumo; faise un repaso ao actual modelo agrícola e alimentario e a súa aposta por un sistema de distribución inxusto e nada respectuoso co medio (ambiente e social); continuando cunha análise combinada do IDH e o concepto de pegada ecolóxica, que aborda a necesidade de crear e desenvolver un Índice de Sustentabilidade Humana; para finalizar preséntase un extenso repaso ao comercio xusto e aos debates abertos no noso país, para concluír cunha serie de achegas moi prácticas sobre como levar á vida cotiá as formulacións dun consumo responsable.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: