Decálogo do financiamento no medio rural

A partir dun “conversatorio” organizado polo Consello de Redacción da revista [“Soberanía alimentaria, biodiversidad y culturas”], elaboramos de forma esquemática dez ideas claves que pensamos sitúan e explican moi ben a realidade e a problemática do financiamento no medio rural. Contamos coas opinións e achegas de Belén, campesiña de Valladolid; Txetxu, gandeiro prexubilado en Euskadi; coa experiencia dun proxecto cooperativo de integración social, L’OLIVERA, representada polo seu director Carles; con Uxi, traballadora social en Palencia; con Marta do Center for Agro-food Economy and Development-CREDA-UPC-IRTA; con Javier, cerealista de Aragón; e finalmente con Peru, á fronte do proxecto de banca ética FIARE.

10 puntos SOBRE O FINANCIAMENTO RURAL

1. A inercia da lóxica financeira neoliberal -que nos levou á crise económica actual e global- aplicada ao mundo rural é moi sinxela: modelo de explotación intensiva, grandes industrias, produtividade, control dos medios de produción (sementes)… É dicir, para os grupos financeiros predominantes o mundo rural non ofrece ningún atractivo, salvo a posibilidade de especular cos alimentos básicos. Para as súas estratexias financeiras, non son interesantes as pequenas leiras, nin os circuítos localizados de produción-distribución-consumo, nin as certificacións participativas… en definitiva as alternativas que propón a soberanía alimentaria.

[…]

8. Os proxectos de banca ética ou cooperativas de crédito desenvólvense con outros movementos da economía solidaria xerando unha dobre implicación: por unha banda, constrúense sobre eles, como un dos alicerces sobre os que ir consolidando a súa base social, e por outro, orientan a súa actividade de intermediación financeira na liña de reforzar outras propostas de alternativa e a propia cohesión da economía solidaria. A banca ética é moito máis que un provedor dos movementos de alternativa. Necesítaos na súa base social, nas súas estruturas de participación, nos seus órganos de goberno… Aí radica un dos elementos de alternativa máis importantes da banca ética.

9. O financiamento ético pode fortalecerse máis aínda se conta co apoio das administracións públicas, cuxo compromiso cunha esfera financeira máis responsable debe ser nítido. É necesaria unha regulación específica para este sector a nivel europeo, que recolla o valor do que son, como elas mesmas destacaron en moitas ocasións: boas prácticas que favorecen a cohesión social.

10. Nas diferentes fórmulas de financiamento alternativo é clave a participación social para a súa correcta xestión. No caso do mundo rural, como xa ocorre nalgúns casos, deben de ser os mesmos sindicatos agrarios ou movementos campesiños os que marquen a política bancaria a desenvolver. Os instrumentos financeiros deben rexerse baixo unha visión clara do modelo campesiño -a soberanía alimentaria- fundamental para revitalizar o mundo rural.

[…]

Podes ler o artigo completo en: Decálogo do financiamento no medio rural.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: