A fame cotiza en Bolsa

REPORTAXE: A COMIDA COMO INVESTIMENTO

A seca nos mercados financeiros envorcou a certos investidores nas materias primas. Fondos de alto risco e bancos inflúen agora no que vale o pan en Tunes, a fariña en Kenia ou o millo en México. O Banco Mundial fai soar a alarma pola explosión dos prezos alimentarios

H. KNAUP / M. SCHIESSL Y A. SEITH 04/09/2011

A sala na que se reparte a comida do mundo parece calquera cousa menos apetitosa. Na Bolsa de Chicago hai anacos de papel e vasos de cartón por todas partes, homes suorentos con chaquetas de cores chillóns van dun lado a outro, xesticulan, gritan e enceréllanse en pelexas polos contratos de sementes de soia, carne de porco ou cereais.

Aquí, na sala de negociación da maior Bolsa de materias primas do mundo decídese sobre os prezos dos alimentos, e con eles sobre o destino de millóns de persoas. A fame do planeta organízase aquí, ademais da riqueza duns poucos.

Para Alan Knuckman non hai mellor lugar no mundo: “Isto é o capitalismo en estado puro”, comenta este experto en materias primas, cunha cara que se ilumina como a dun raparigo; quizáis porque nunca deixou de xogar. Hai 27 anos que traballa aquí. Ao principio por conta de axencias intermediarias, pero pronto fundou a súa e agora é analista en Agora Financials, unha consultoría de investimentos en materias primas. “Estou aquí para facer diñeiro”, comenta.

Como o faga dálle igual. Para el non hai diferenza ningunha entre petróleo, prata e alimentos. “Non creo na política, senón no mercado, que sempre ten razón”.

A escalada dos prezos dos alimentos? Para el, son unha simple expresión do xogo da oferta e a demanda. Os especuladores? Son bos para os mercados, porque predín con antelación os acontecementos. Excesos especulativos? “Non vexo onde”, afirma.

Isto último non deixa de sorprender, porque no mundo financeiro nunca se produciu tal volume de investimento nas materias primas agrícolas. Só no último trimestre de 2010 triplicouse o investimento en comparación cos tres meses previos. O mercado posúe unha gran liquidez desde que os Estados trataron de sufocar a crise financeira con enormes programas anticíclicos e paquetes de axuda.

O pan do mundo atrae a investidores aos que lles interesan tan pouco os cereais como, anteriormente, as empresas punto.com ou as hipotecas subprime. Estamos a falar de fondos de pensións que manexan cifras multimillonarias e de pequenos aforradores que buscan novas oportunidades de investimento máis seguras, ou de bancos que ofrecen apostas financeiras por xunto sobre fondos de investimento en produtos agrícolas.

O lado escuro de todo isto é que, en paralelo á fame de agroaccións, tamén soben os prezos dos alimentos. Xa en marzo, a FAO anunciou que se alcanzaron novas marcas nos prezos, que superaron mesmo os da última gran crise alimentaria de 2008. Segundo o Índice de Prezos dos Alimentos da FAO, o custo dos produtos alimenticios experimentou unha alza do 39% no curso dun ano. Os prezos dos cereais subiron un 71%, do mesmo xeito que os dos aceites e graxas destinados á alimentación. O último índice publicado, en xullo pasado, marcaba os 234 puntos, só catro por baixo da marca histórica de febreiro. “A época dos alimentos baratos acabouse”, profetiza Knuckman.

Ler máis.

Fonte: El País.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: