A banca ética despega á calor da crise financeira

A banca ética estase a converter nunha alternativa que conta con apoio de moitas persoas que pensan que as cousas deben ser doutro xeito e na que se reverten os esforzos, traballo, enerxías, … de moita xente comprometida e crítica que avoga por outra forma de estar presente na economía.  En FiareGZ cremos isto e seguimos a difundir este proxecto tan enriquecedor e ilusionante.  Facémosvos partícipes da última das charlas nas que participamos.

O pasado sábado 3 de Setembro tivemos a oportunidade de dar a coñecer o noso proxecto á xente do Porriño. No Bar Liceum, ante unha audiencia dunhas trinta ou corenta persoas e, xunto cos compañeiros do Peto e Coop 57, fixemos un repaso do pasado presente e futuro dos nosos proxectos, amosándolles aos alí presentes que xa hai alternativas.

O resultado foron máis de dúas horas de exposición e preguntas dun grupo de xente que se amosou realmente interesada co alí exposto.  Desexamos que todas as persoas cercanas e con inquedanzas se animen a colaborar connosco na construcción doutra realidade.  Para fomentar o anterior estamos a organizar unha xornada de información-formación-traballo para principios do mes de outubro.  Estade atentos!

Recomendamos ver este vídeo sobre a banca ética en Cataluña e reproducimos un artigo que pode motivar a nosa reflexión:

JAVIER MARTÍN-ARROIO – Sevilla – 05/09/2011

A crise financeira e os seus excesos xeraron un caldo de cultivo no que xerminan iniciativas que tentan dar un envorco ao sector bancario, ou polo menos achegar unha mirada diferente con certo pouso moral. Entre elas, a banca ética saca peito con cifras que avalan un crecemento sostido de clientes. Ao abrigo de movementos como o 15-M, con miles de indignados buscando alternativas a unha banca tradicional que rexeitan, estas entidades sumaron máis clientes que nunca e o seu crecemento, aínda que limitado, é constante.

A banca ética, composta por apenas cinco entidades e algo máis de 50.000 clientes, defende unha total transparencia, que só inviste en economía real e financia proxectos vinculados a sectores como as enerxías renovables ou a agricultura ecolóxica, e toma a xustiza social como a súa particular Biblia.

“Mirei a lista de empresas nas que investía e ningunha me gustaba. Foi moi pracenteiro dicirlle á miña entidade que quería retirar todos os meus depósitos en Bolsa. Logo tes a conciencia moito máis tranquila porque o teu diñeiro pasa un filtro ético”, relata Víctor Maeso, cooperativista de Manresa (Barcelona).

Triodos Bank atesoura o groso dos clientes de banca ética en España (45.000) e o ano pasado creceu un 60%. Desde maio, a entidade afirma sumar 9.000 novos clientes grazas a unha visibilidade nos medios amplificada polo 15-M. O banco, que naceu en Holanda hai 30 anos e posúe en todo o mundo máis de 300.000 clientes, presume da fidelidade dos seus usuarios e a experiencia que atesoura. “Non é o mesmo investir en renovables que en nucleares, en agricultura ecolóxica que en transxénicos, en comercio xusto e cooperación ao desenvolvemento que en negocios contra os dereitos humanos”, afirma Esteban Barroso, director xeral de Triodos.

“Hai anos a xente equiparábanos coas caixas de aforro, e iso caeu polo chan. Agora as caixas promoven a banca cívica porque o cliente xa non se cre que beneficia á sociedade”, expón crítico Juan Garibi, da fundación Fiare, que conta con 30 millóns de volume de negocio e 1.600 clientes. Fiare multiplicou por dous o volume de negocio e por tres os clientes en dous anos.

Os indignados apoian a banca, pero coa boca pequena: “Vémola como unha alternativa á banca privada tradicional. Pero é unha opción a curto prazo. Nós avogamos pola banca pública, que tamén sería ética”, propón Alberto Garzón, do consello científico de Attac España, un movemento integrado no 15-M.

Advertisements

Unha resposta

  1. […] A banca ética despega á calor da crise financeira fiaregz.wordpress.com/2011/09/05/a-banca-etica-despega-a-cal…  por Socram hai 2 segundos […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: