Barcelona acolle desde hoxe o Congreso Fundacional da Rede Europea de Promoción da Economía Social e Solidaria

Máis dun cento de persoas reuniranse a partir de hoxe [8 de setembro de 2011], e até o sábado, en Barcelona para fundar a Rede Europea que aglutina o sector da economía social e solidaria.

Durante estes días representantes procedentes de Alemaña, Bélxica, Italia, Luxemburgo ou Hungría, entre outros territorios, reuniranse en grupos de traballo para debater sobre este novo modelo de economía. Así, debaterase sobre consumo responsable e solidario, sobre mercado social, finanzas éticas e desenvolvemento local.

“Estamos a vivir unha crise sistèmica, non só financeira, senón enerxética, social e de valores. Nós somos unha parte da actividade económica e empresarial que afirma que polo camiño que estamos non imos en ningures, fai falta un cambio da paradigma económico”, afirmou Jordi Vía, portavoz do Congreso, durante a rolda de prensa celebrada esta mañá. “Queremos recuperar o sentido inicial da xestión de recursos, e isto quere dicir pola economía ao servizo da comunidade para contribuír á mellora da sociedade”, engadiu. “Isto non é ningunha utopía, é un congreso de realidades, de entidades con longo percorrido, a pesar de que a miúdo, non sexan visibles”, conclúe Vía.

Este congreso representa o punto de chegada de diferentes encontros realizados en anos anteriores en Lima (1997), Quebec (2001), Dakar (2005) e Luxemburgo (2009), encontros onde se empezou a xestar a Rede Intercontinental de Promoción da Economía Social e Solidaria. Co congreso na capital catalá fúndase, pois, a rede europea (que formará parte desta rede intercontinental).

Segundo Vía, en Europa hai máis de 5.000 empresas e entidades que forman parte da economía social e solidaria, e unhas 100.000 persoas implicadas neste sector. Hai que destacar que á hora de dar estas cifras téñense en conta  só aquelas empresas con vontade explícita de transformación social. Algúns exemplos  son as cooperativas produtivas autoxestionàries, os mercados solidarios, as iniciativas de consumo responsable, as finanzas éticas, o comercio xusto ou as empresas socialmente sustentables.

Aínda así, tal e como o mesmo Vía informou, é moi complexo ter estes datos e é precisamente una das demandas que farán á administración, con quen asegura que a Rede ten boa relación. “Si, temos unha boa resposta da administración sexa cal sexa a súa cor. Os gobernos de cariz neoliberal valoran moi positivamente as iniciativas como estas, nas que a sociedade civil se autoorganiza, e os gobernos máis progresistas valoran o traballo social que fan estas entidades”, explicou o portavoz do congreso. En canto a Cataluña, Vía asegura que o reto é conseguir que a economía social e solidaria se considere interlocutor da administración, como o é o sector cooperativo.

Podedes seguir o congreso en:

Autora: Núria Mateos

Fonte: blog Finzas Éticas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: