Fiare 2005-2010: 5 anos de historia

Durante este tempo, achegáronse moitas persoas e organizacións a presentarnos os seus proxectos, os seus soños e as súas necesidades, por se podiamos contribuír a construílos. Non sempre puidemos ou soubemos facelo. E por iso, pedimos sinceras desculpas. Non todo é causa da inexperiencia ou de intentar facer cousas que non se podían. Seguro que tamén se debe á desorganización, a non saber entender…

Pero hai moitas outras propostas, por sorte moitas máis, nas que nos destes a oportunidade de participar e puidemos ver como saían adiante. O protagonismo, obviamente, non é do intermediario financeiro, que só move os recursos, senón de quen saca os proxectos adiante no día a día.

Por iso queremos darvos as grazas pola confianza que depositastes en nós aos/ás que vos achegastes cos vosos recursos para canalizalos dunha forma alternativa ou cos vosos proxec tos para recibir eses recursos. Intentamos molestar o menos posible entre persoas e proxectos.

A continuación veredes en que se plasmou todo isto, en función de diferentes criterios de clasificación: sectores de intervención, forma xurídica, lugar xeográfico ou tipo de operación, así como o proceso seguido para levalo a cabo: aplicación dos nosos principios e avaliación ético-social. Non poden estar todos os proxectos, pero si unha mostra significativa, que permita entender que facemos e, sobre todo, por que.

Non podemos terminar estas liñas sen lembrar a Banca Popolare Etica, entidade da que somos axentes en España, e sen a que nada disto sería posible. Un agradecemento a todas as persoas que alí traballan, e que tomaron os proxectos propostos por Fiare como se foran propios, levándoos adiante con todo o entusiasmo e profesionalidade posibles.

Podes seguir lendo este Etikum: Etikum-6-EdicGaliza-agosto11

Máis información: Memoria Fiare 2005-2010.

Artigos relacionados:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: