Finanzas éticas e seguros éticos e solidarios

Autor/a:  REAS – Rede de Redes de Economía Alternativa y Solidaria

Aquí presentamos as reportaxes e vídeo de Finanzas éticas e seguros éticos e solidarios realizados por REAS Rede de Redes co obxectivo de facer visible as boas prácticas “colectivas” de economía solidaria que están a ter éxito.

BANCA ÉTICA. O diñeiro ao servizo da transformación social

Outros servizos financeiros son posibles. Todos aqueles fartos de non saber que fan co seu diñeiro ou peor, saber que se destina a empresas e proxectos prexudiciais para todos, fartos de non poder acceder a préstamos por non ser «solventes» segundo a norma do «mercado», fartos de que lles cobren por gardar e gañar cos seus aforros, fartos de ver os beneficios dos bancos no medio da crise…  Todas estas persoas (todos nós) teñen alternativas reais e solventes onde acceder a fondos de aforro e préstamo que se rexen por principios éticos.

Desde finais dos anos sesenta, movementos sociais e cidadáns desenvolveron iniciativas financeiras que, con distinto alcance, permiten canalizar recursos económicos cara a proxectos sociais que están excluídos do financiamento bancario. Deste xeito, supérase tamén a carencia de información que existe sobre o uso que se fai dos nosos aforros. Ao mesmo tempo nos países do Sur, ante a falta de acceso aos sistemas financeiros tradicionais, xurdiron multitude de redes locais económicas que xeraron diferentes mecanismos de financiamento local e solidario, entre os que destaca o microcrédito. Os Foros de Porto Alegre de 2001 e 2003 supuxeron un paso importante, coa constitución dunha sección sobre economía, coa lema «Outra economía é posible» e a clara vontade de demostrar que é posible empezar a construír unha economía diferente. Desta forma, estes movementos impulsaron a creación de instrumentos de financiamento ético e da banca ética. SEGUIR LENDO…

SEGUROS ÉTICOS E SOLIDARIOS. Unha alternativa en marcha

A familiaridade que cotidianamente mantemos con diferentes empresas ou corredores de seguros fai que en ocasións perdamos a perspectiva do que realmente significa esta actividade do sector financeiro que cada ano move miles de millóns. Os seguros consisten na transferencia dunha entidade, o asegurado, a outra, o asegurador, dun risco ao cal a primeira se sente exposta. Desta maneira, se o risco se materializase, o seguro encárgase de aliviar a situación que sofre a persoa asegurada.

Esta definición básica dános pé a estudar cales son as alternativas actuais que proveñen da economía social. A principal é o EthSI (seguro ético e solidario). SEGUIR LENDO…

VÍDEO FINANZAS ÉTICAS E SEGUROS ÉTICOS E SOLIDARIOS

Para a súa presentación pública realizouse, o 8 de setembro de 2011 en Barcelona, a Xornada “Mira e enrédate, xa se está construíndo colectivamente outro modelo económico”.

Foron promovidos e realizados por REAS.

Licencia de Creative Commons
Estes contidos están baixo unha licenza de Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Spain. Está especialmente permitido copialos, distribuílos e difundilos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: