O proxecto Fiare terá a súa asociación territorial nas illas en outubro

A iniciativa consiste nunha banca ética que inviste o aforro de persoas e entidades en proxectos viables de economía social e solidaria

Pilar Ponce, Peru Sasia e Alexandre Durán, onte durante a charla no Club.  Manu Mielniezuk

Autora: ROSA FERRIOL. PALMA.

O presidente de Fiare en España, Peru Sasia, explicou onte no Club Diario de Mallorca en que consiste o seu proxecto de “banco en mans da cidadanía” e como a banca ética é unha proposta de acción colectiva. Na charla participou tamén un dos membros desta iniciativa en Mallorca, Alexandre Durán, quen adiantou que o próximo mes de outubro está previsto que se constitúa a asociación territorial de Fiar en Balears.

Fiare é unha banca ética que inviste o aforro de persoas, colectivos, empresas e administracións públicas en proxectos viables de economía social e solidaria. A súa finalidade é a transformación social, por iso, con estes aforros outórganse créditos unicamente a cooperación internacional, á loita contra a exclusión, á “agroecoloxía” ou ás iniciativas de transformación en valores. Así o detallou Sasia, quen lembrou que Fiare é unha iniciativa impulsada por persoas e colectivos que desexan unha banca ao servizo da sociedade e do desenvolvemento humano.

“A vocación de Fiare non é cambiar o sistema financeiro, a nosa vocación é arraigar unha posible resposta alternativa que merece a pena perseguir”, remarcou Peru Sasia. Así mesmo puntualizou que Fiare sitúase en “a mera intermediación aforro-crédito”. “Estritamente recolle aforros e concede financiamento”, reiterou. De todas as maneiras, lembrou que se trata dun proxecto en construción pero a súa finalidade será ofrecer todos os produtos que demande a cidadanía.

De momento, Fiare é o axente en España da Banca Popolare Etica italiana. Os seus próximos pasos, explicou Sasia, son crear unha estrutura cooperativa en 2012 grazas aos 35 grupos de implantación local que ten en todo o Estado. Así se van a pór en marcha como entidade financeira. A próxima aposta será crear unha estrutura de cooperación entre España e Italia para empezar a ofrecer produtos financeiros. Segundo os cálculos do presidente de Fiare en España, será unha realidade no ano 2013.

Fiare púxose en marcha en 2005 e nos seus primeiros anos de construción xa concedeu préstamos por valor de 23 millóns de euros a uns 120 proxectos. A 31 de marzo de 2011, esta iniciativa dun banco en mans da cidadanía conta cunha participación de 271 organizacións e 1.786 persoas mentres que o seu capital social é de 2.320.302 euros.

Os expertos explicaron que as persoas físicas poden participar nesta iniciativa cunha achega mínima de 300 euros mentres que para as entidades non lucrativas o importe sobe a 600 euros. As administracións públicas e as organizacións lucrativas tamén poden sumar neste proxecto. Iso si, nestes casos o capital é de 1.800 euros.

De momento, Fiare conta con nove redes territoriais e está previsto que nas próximas semanas a asociación de Balears se converta na décima. Un dos labores destas entidades é avaliar os proxectos que piden financiamento. É dicir, as redes territoriais contan cunha comisión que se encarga de facer unha avaliación ético-social das solicitudes. Por moi “goloso economicamente falando” que sexa o proxecto, non se lle concede o financiamento se non aproba a avaliación ético-social, puntualizou Sasia.

Fonte: diariodemallorca.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: