“ANTE A CRISE INTERNACIONAL: AS PROPOSTAS DAS FINANZAS ÉTICAS”

Ferrara (Italia). FIARE participa no Festival anual do prestixioso semanario INTERNAZIONALE. Peru Sasia, debaterá coa politóloga franco-americana Susan George e con Uggo Biggieri, presidente de BpE sobre as propostas da banca ética ante a crise internacional

Día: Domingo 2 outubro de 2011, organizado por Banca Popolare Etica e  ARCI, no Festival anual do semanario Internazionale, en Ferrara.
Lugar: Castello Estense, Sala dei Comuni (Ferrara)
Organizan: Banca Popolare Etica e ARCI

Interveñen:

  • Susan George, politóloga e activista franco-americana. Vinculada ao movemento alter-mundialista é unha importante experta en materia de xustiza social.
  • Ugo Biggeri, Presidente de Banca popolare Etica (Italia)
  • Peru Sasia, Director de FIARE (España)

Modera: Alessandro Lubello – Internazionale

A iniciativa deste debate enmárcase no programa do programa oficial do Festival Internazionale: www.internazionale.it/festival

Elementos para o debate:  
A crise financeira que estalou en 2008 e que rexurdiu con forza nas últimas semanas puxo de manifesto, aos ollos de todos, as consecuencias concretas dun sistema financeiro global que cada vez serve menos como fonte de recursos á economía real e cada vez máis  está orientado a unha actividade altamente especulativa que ten como único obxectivo asegurar elevados beneficios a pouquísimas persoas no menor tempo posible.

Con todo, tres anos despois desta toma de conciencia colectiva pouco cambiou no plano das regras internacionais e a actitude dos especuladores volveuse rutina. A pesar diso, lentamente, lonxe da publicidade, están a desenvolverse modelos de finanzas alternativos e atentos ao ben común.  Cada vez máis cidadáns consideran ás finanzas éticas como unha solución ás súas propias esixencias financeiras para o respecto da sustentabilidade social e ambiental.

Trece bancos éticos de diversos países europeos están adheridos á rede “Global Alliance for Banking on Values” e xestionan xa recursos que superan os 10 mil millóns de dólares.  O conxunto destas institucións de finanzas éticas e solidarias dispón de 7 millóns de clientes en máis de 20 países. Un estudo recente publicado pola asociación dos Fórums europeos para as finanzas sustentables, Eurosif, evidenciou un incremento do +87% nos últimos dous anos do patrimonio investido en Europa segundo criterios de responsabilidade social e ambiental.

Así, as finanzas éticas en todo o mundo e en particular en Europa parecen destinadas a ser algo máis que unha simple utopía. Os consumidores que cada vez máis adquiren produtos do comercio xusto e solidario ou seleccionan as empresas que máis atenden á responsabilidade social ou ambiental comezan a buscar tamén a ética e a transparencia nos produtos financeiros.

Banca Popolare Etica e ARCI levan ao Festival do Internazionale en Ferrara algúns dos máximos expertos en finanzas éticas co obxectivo de profundar no estado da cuestión e de imaxinar posibles escenarios de futuro.

As finanzas éticas non poderán substituír integralmente as finanzas tradicionais, pero,  en canto é posible contaxiala das boas prácticas?  Cal é o impacto das finanzas especulativas no benestar global do planeta e da persoa?  E cales son as respostas alternativas propostas polas finanzas éticas ?

Fonte: http://www.proyectofiare.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: