Xornada formativa: “O Proxecto Fiare hoxe”

O sábado 1 de outubro de 2011 desde FiareGZ organizamos unha xornada formativa sobre o proxecto FIARE. De xeito xeral, trátase de coñecer a situación actual e as perspectivas de futuro deste proxecto que entre todas as persoas e colectivos socios estamos a construír.

Os obxectivos deste encontro son:

  • Desenvolver o traballo marcado no plan de actuación da Asociación FiareGZ para 2011 aprobado na Asemblea de Vigo do 22 de xaneiro de 2011 .
  • Formarnos todos os socios e todas as socias para estender o proxecto e acadar os obxectivos marcados.
  • Fixarnos as tarefas a desenvolver polas comisións nas que se vai traballar durante a xornada.  Mediante o traballo en grupos, abordaremos tres tarefas que nos cómpre desenvolver dentro da asociación para que sigamos a medrar e a constituírnos como unha gran alternativa no mundo da economía: a formación, a difusión e a participación no proxecto.

Convidámoste a que te achegues.  O lugar é o Centro Socio-Cultural do Castiñeiriño (Rúa Virxe de Fátima s/n, ao carón da rotonda da estrada que vai á Estrada) en Santiago de Compostela.  O programa da xornada é o que incluímos a continuación:

  • 10:00 h.- Recepción das e dos participantes.
  • 10:15 h.- Presentación da xornada.
  • 10:30 h.- “Situación actual do proxecto FIARE e pasos cara o futuro. Presentación e debate”.  Contaremos cun representante de FIARE estatal; con Raúl Asegurado, presidente da Asociación Fiare Galiza; e con Xián Estévez, responsable da Comisión Ético-Social de Fiare Galiza.
  • 12:30 h.- Descanso.
  • 13:00 h.- Presentación das propostas de traballo para as comisións.

• Comisión de formación.
• Comisión de difusión.
• Comisión de participación.

  • 14:00 h.- Xantar.
  • 16:00 h.- Traballo en grupos.
  • 17:30 h.- Posta en común e conclusións da xornada.
  • 18:00 h.- Fin da xornada.

Agradecemos moito que te anotes para participar nas xornadas.  Tamén nos podes indicar se quedas a xantar.

Inscrición, contacto e dúbidas: persoassocias@fiaregz.com

Advertisements

3 Respostas

  1. […] dentro dos seus próximos eventos atópase a Xornada de formación “O proxecto Fiare hoxe”, que se celebrará este sábado 01 de outubro no Centro Socio-Cultural do Castiñeiriño. A […]

  2. A xornada esta aberta a os que (ainda) non somos socios?

    • Si, aínda que non sexas persoa socia poderás achegarte e coñecer máis de preto este proxecto tan ilusionante.
      Agardámoste!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: