O poder das finanzas, tema central do novo número da revista “PAPELES”

O último número de PAPELES de relacións ecosociales e cambio global, céntrase en analizar o poder das finanzas na economía e expón propostas de cambio para superar a crise actual.

O número 114 de PAPELES de relacións ecosociais e cambio global, editada por CIP-Ecosocial, céntrase en analizar o poder das finanzas na economía actual e expón algunhas propostas de cambio necesarias para superar a crise sistémica, económica, ecolóxica e social, na que nos atopamos. O excesivo peso do financeiro dentro da economía actual, a privatización das caixas de aforro españolas, o papel dos fondos soberanos, o control democrático do sistema ou a banca ética son algúns dos aspectos analizados no marco do tema central. Ademais, ofrécese un ensaio sobre a crise do Estado de dereito; artigos sobre a fronteira de Arizona, Wikileaks e o Foro Social Mundial, entre outros contidos.

Na Introdución, titulada “Finanzas, hexemonía e poder”, Santiago Álvarez Cantalapiedra, director do CIP-Ecosocial, fai un repaso ás causas que propiciaron que as finanzas teñan un peso enorme na economía mundial, até o punto de pór o sistema contra as cordas. Así mesmo, o texto explica como o peso do financeiro sobre outros aspectos do sistema, prexudicou á economía produtiva, aos asalariados e ao estado de benestar, en beneficio dos máis ricos.

O Especial da revista recolle varios artigos que analizan o poder das finanzas. Ángel Martínez González-Tablas, en “A financiarización na economía actual” ofrece unha detallada descrición da economía actual e o comportamento dos distintos actores, así como as consecuencias do fenómeno. O texto de José Miguel Rodríguez Fernández aborda a recente privatización das caixas de aforro españolas, que considera un excelente negocio e espolio social. Pola súa banda, Pablo Bustelo pregúntase polas oportunidades que os fondos soberanos poden achegar á estabilidade global; José A. Estévez Araújo refírese ao control democrático do sistema financeiro; Nuria do Río analiza as distintas opcións que representa a banca ética e os seus desafíos de cara ao futuro; e Ricardo García Zaldívar asina un texto titulado “Sen transformación radical das finanzas non hai futuro”. Por último, ofrécese un artigo que resume os debates e propostas abertas sobre economía financeira que xurdiron do grupo de traballo de economía do 15-M.

A sección de Ensaio, ofrece o texto “Crise do Estado de dereito. Cara a unha recuperación do espírito da xustiza social”, no que Almudena Sipos nos lembra que existen mecanismos legais aos que podemos apelar para que sexa a xustiza social e non o beneficio a curto prazo o que guíe a actuación do Estado.

O papel que xogan as finanzas na economía actual, é tamén o tema central doutras seccións da revista. En Diálogo, publícase o que mantiveron os catedráticos Ángel Martínez González-Tablas e Valpy FitzGerald; mentres que en Periscopio, o Consello de Redacción da revista PAPELES contextualiza o “Manifesto de economistas aterrados”, de recente publicación.

A sección Panorama ofrece tres artigos que abordan, respectivamente: as prácticas cidadás na fronteira de Arizona, de Daniele Archibugi; unha análise sobre a transcendencia que Wikileaks pode ter no futuro; e un texto titulado “O Foro Social Mundial, un espazo para a mobilización”, no que á vista dos once anos de historia do Foro Social Mundial e os novos debates, o autor expón a necesidade de que este Foro potencie os movementos sociais. Por último, a revista péchase coa Entrevista a Samuel Ruiz, “o mexicano que non gañou o Nobel, pero viviu por e para a paz” e a reseña de Libros de interese.

A revista PAPELES de relacións ecosociales e cambio global ofrece unha mirada multidisciplinar sobre cuestións relacionadas coa sustentabilidade, a cohesión social ou a democracia, os temas centrais de CIP-Ecosocial. Na páxina web da revista www.revistapapeles.fuhem.espódese consultar o Sumario e a Introdución do último número.Na zona de Arquivo, pódese descargar o contido íntegro dos números publicados unha vez transcorrido un ano desde a súa aparición.  Coa aparición do 114, ofrécese íntegro o número dedicado á Economía Solidaria (Papeles, nº 110).  Adxúntase Introdución, Sumario e Portada.

Máis información:
Ana B. Martín Vázquez, Responsable de Comunicación
CIP-Ecosocial. www.cip-ecosocial.fuhem.es
C/ Duque de Sesto, 40. 28009 MADRID
Tel.: 91 576 32 99 – Móvil 677 775 270

Fonte:   Revista Papeles
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: