Eu lárgome… á banca ética

Data: Mércores, 28/09/11
Lugar da noticia: Badaxoz

É viable unha banca na que prime a ética sobre o aspecto comercial? A xuízo de moitos cidadáns, si; e ademais considérana moi necesaria. Para iso, os colectivos estremeños Setem, Asociación Banca Alternativa de Mérida, Banca Ética de Badajoz e Aprendizaje Libre y Alternativo, que forman parte da Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS), presentaron onte en Badaxoz a campaña ‘Yo me largo’, coa que ofrecen unha alternativa á banca comercial, cun chamamento a sacar o diñeiro dese tipo de entidades e participar no proxecto de banca ética español Fiare.

‘Yo me largo’ é unha “ferramenta que dá a coñecer aspectos dos bancos nos que adoitamos ter o noso diñeiro aforrado e propón alternativas posibles e próximas de investimento fóra do comercio de armamento, de enerxía nuclear e de empresas explotadoras de persoas e do medio ambiente”, explicaron Modesto González, de Banca Ética Badajoz, e Isi Navarro, de Setem, nunha comparecencia no Ateneo de Badaxoz.

A idea é “que sexamos conscientes de onde temos o noso diñeiro gardado e en que se inviste; indignarnos con información veraz e cunha proposta clara de actuación para sacar o noso diñeiro, largarnos deses bancos, algúns deles baluartes da banca española, e trasladalo a iniciativas máis acordes cos nosos principios”, explicaron.

A denuncia de REAS baséase en informes de diferentes organizacións que indican pormenorizadamente que bancos invisten en comercio de armas, de enerxías non renovables e en empresas que vulneran os dereitos dos traballadores e depredan a natureza, explicou Navarro.

A banca alternativa e ética que propón as REAS “é un movemento consolidado noutras partes de Europa”, engadiu. E puxo como exemplo a Banca Populare Italiana, que no 2010 captou 25 millóns de euros en aforro e prestou 17 millóns.

INDIGNADOS “Unha vez que te indignas coa banca tradicional, tes que saber que facer co teu diñeiro e que podes participar en proxectos de banca que inviste con criterios éticos e promove o aforro responsable con total transparencia”, sinalou González para referirse ao proxecto Fiare.

En España participan no mesmo 300 entidades e máis de 2.000 cidadáns, ten 1.500 clientes e, ademais das súas sedes físicas en Bilbao, Madrid e Barcelona, en Estremadura hai nove entidades colaboradoras.

Na actualidade, estase nun proceso de captación de capital social; conta con 2,6 millóns, pero estima que nun ano e medio poderán chegar a ser/participar nunha cooperativa de crédito, ao estilo da italiana.

Fotografía da Rolda de prensa ofrecida por Modesto González de Banca Ética de Badajoz e Isi Navarro de SETEM Estremadura.

Fonte: aba-merida.blogspot.com

Artigo relacionado: “Oliveres aconsella abandonar os plans de pensións para non apoiar a especulación”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: