O concello de Albuixech súmase á banca ética Fiare

Convértese así no primeiro concello valenciano que forma parte de Fiare, a banca ética, cooperativa e cidadá.

Segundo se aprobou na última sesión plenaria, sen ningún voto en contra, o Concello de Albuixech adhírese como socio á Asociación FIARE Xarxa Valenciana co obxectivo principal de recoller capital social para a implantación na Comunidade Valenciana dunha proposta concreta de intermediación financeira ética, na perspectiva da constitución no ámbito europeo dunha cooperativa de crédito cos principios éticos e solidarios no horizonte do ano 2013.

Será por tanto o primeiro concello da Comunidade Valenciana que entra a formar parte da rede valenciana de apoio e promoción da Banca ética Fiare, que ten como obxectivo a creación dunha cooperativa de crédito, sen ánimo de lucro, co fin de servir de elemento de financiamento a proxectos e actividades que xeren un impacto social positivo.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de servizos Sociais e Participación do Concello de Albuixech, Josep Bort, declarou que “se trata dun proxecto en rede que pretende crear un instrumento financeiro para favorecer a quen traballa por unha sociedade máis inclusiva, máis xusta e participativa que Compromís levaba no seu programa autonómico e que tivo unha moi boa acollida polos nosos socios de goberno xa que ambos pensamos que é agora, máis que nunca, cando debe facerse visible con actos e non con palabras a solidariedade das administracións públicas”.

Pola súa banda o alcalde, Jose Vicente Andreu,  dixo estar “convencido que se trata dun potente instrumento de participación democrática na construción dun mundo máis xusto e por iso o concello de Albuixech non dubidou en sumarse a este ilusionante proxecto”.

José Redondo, presidente da Xarxa Valenciana FIARE, agradeceu o compromiso de Albuixech pola Banca ética Fiare, e convidou as institucións valencianas a sumarse a este proxecto de transformación social a través da intermediación financeira ética. Albuixech incorpórase ao grupo de administracións públicas que apostan pola banca ética, como son: Concellos de Sabadell, El Prat de Llobregat, Villava, Ansoain, Ordizia, a Deputación de Valladolid, ou os Parlamentos  navarro e vasco.

Fonte: Fiare Xarxa Valenciana.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: