FIARE recibe en Bilbao a unha delegación de UNISOL Brasil, central de cooperativas e emprendementos solidarios brasileiros

FIARE recibe en Bilbao a unha delegación de UNISOL Brasil, central de cooperativas e emprendementos solidarios que reúne a máis de 700 cooperativas brasileiras.

O xoves 13 de outubro FIARE, representada por Peru Sasia e Juan Garibi reuniuse en Bilbao cunha delegación de UNISOL Brasil, representada polo seu presidente, Arildo Lopes Mota e o seu secretario xeral, Marcelo Rodrigues.

UNISOL Brasil é unha entidade fundada en 1999 no estado de Sâo Paulo e que hoxe se estende por todo Brasil agrupando a máis de 700 cooperativas e outros emprendementos de economía solidaria, con máis de 40.000 socios cooperativistas. UNISOL Brasil é membro da Alianza Cooperativa Internacional (ACI) e forma parte da Rede Sur que articula organizacións representativas da Economía Solidaria nos países do Mercosur. Na reunión participaron tamén Salvador Goya, presidente, e Gabriel Abascal, membros da Xunta directiva de CONOSUD, entidade promotora de FIARE en Catalunya e que traballa distintos proxectos de cooperación en materia de Economía Solidaria con UNISOL Brasil.

Neste encontro analizáronse cuestións relativas ás necesidades de financiamento da economía solidaria nos países do Sur, o traballo que realiza FIARE en relación a proxectos de cooperación no Sur das súas entidades socias así como o instrumento das Libretas Redes de FIARE que permite achegar recursos dos depositantes de aforro a proxectos no Sur. Os representantes de UNISOL Brasil informaron dos instrumentos de microcrédito que teñen creados para facilitar o financiamento de pequenas cooperativas e emprendementos de economía solidaria. A reunión coincidiu coa publicación da Guía de Economía Solidaria Norte-Sur, elaborada pola Fundación social EMAÚS, co apoio de REAS Euskadi, o Instituto de Estudos da Cooperación da Universidade do País Vasco e a Rede Latinoamericana de Investigadores de Economía Social e solidaria (RILESS). Entre as 50 experiencias emblemática seleccionadas aparecen FIARE, UNISOL Brasil e dúas cooperativas afiliadas a esta última, Justa Trama e Univens, coas que tamén colabora CONOSUD.

Artigo relacionado: “Diretoria da UNISOL se reúne com entidades da Espanha”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: