Representantes de entidades promotoras de FIARE asisten ao Foro Internacional de Economía Social e Solidaria de Montreal (Canadá)

Presentarán en diversos obradoiros as experiencias para o financiamento da economía social e os instrumentos de finanzas éticas e solidarias como FIARE.

Carlos Rey, da Fundación Gaztelán e de REAS Navarra, membro da Xunta Directiva estatal de FIARE e Miquel Miró, director da Fundación Seira e membro da Xunta Directiva de FIARE Catalunya participan no Foro Internacional da Economía Social e Solidaria que se celebra en Montreal entre os días 17 e 20 de outubro, organizado polo Chantier de l’Economie social du Quebec co apoio da cidade de Montreal e de diversos Ministerios do Goberno provincial de Quebec e a Federación de Municipios de Quebec. Carlos Rey e Miquel Miró coordinan diversos obradoiros relativos ás diversas experiencias existentes sobre financiamento da economía social e solidaria e presentarán a experiencia do proxecto FIARE de Banca Ética. Ao Foro asiste tamén Ugo Biggeri, presidente de Banca Popolare Etica, socios de FIARE na construción deste proxecto supranacional de Banca Ética.

Este Foro internacional no que participan 1.800 representantes de experiencias de economía social e solidaria dos cinco continentes, redes de investigación e universidades e gobernos locais, conta tamén co apoio da Organización Internacional do Traballo (OIT) e dos sindicatos confederais canadenses. Na presentación pública do Foro Internacional o luns 17 de outubro, as autoridades quebequenses destacaron a importancia da economía social como motor de desenvolvemento equilibrado para o conxunto de Quebec e como a economía social e solidaria -un movemento que gaña amplitude en todos os continentes. Este Foro Internacional é un momento privilexiado para o recoñecemento da importancia crecente que a economía social e solidaria toma nas estratexias de desenvolvemento dos países tanto do Sur como do Norte.  Cun enfoque participativo e interactivo, o FIESS 2011 será un lugar privilexiado para discutir e inspirar métodos e prácticas de diversos países do Norte e do Sur facilitando esta co-construción de políticas publicas que souberon favorecer o xurdimento de empresas de economía social e solidaria contribuíndo ao alcance de obxectivos de desenvolvemento económico e social.

Cabe destacar que en Quebec, a economía social componse de preto de 7000 empresas, cooperativas e outras entidades sociais, obrando dentro de 20 sectores económicos (arte, cultura, agroalimentario, comercio comerciante polo miúdo, medioambiente, cooperativismo de vivenda, lecer e turismo, tecnoloxías da información e das comunicacións, medios de comunicación, manufacturas, servizos a persoas, etc.). Emprega máis de 125.000 persoas que xeran un volume de negocio de máis de 17 mil millóns de dólares anualmente, o que representa case un 8% do PIB quebequense.

Máis información na web oficial do Foro: www.fiess2011.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: