Compartir para coñecer!

O pasado sábado, 22 de outubro, compartimos un tempo de diálogo e de intercambio de ideas con varias persoas pertencentes ao Grelo Verde (un dos 22 colectivos socios de FiareGZ) e a outras entidades da zona de Verín.  Foi un tempo adicado a respostar dúbidas, a crear lazos, a promover que se presenten novos proxectos que precisen financiamento e consideren a Fiare como unha opción, …

Precisamos de máis encontros coma este para que o proxecto Fiare sexa coñecido por toda Galiza.  Anímate e colabora connosco nas tarefas de construír e de seguir a difundir este proxecto no que a persoa é o importante e é fundamental a súa participación e o seu traballo corresponsable.

Deixámosvos aquí un vídeo no que se mostran os motivos da “crise” e unha lectura moi recomendable (hayalternativas) para ver todas as alternativas que existen e da ideas para crear moitas outras novas.  Entre todas as persoas que así o cremos, poderemos facer moitas cousas!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: