Xornadas de FETS: “Impacto das finanzas no Sur”

Resumo da Mesa 1: “O impacto da actividade financeira de caixas e bancos nas poboacións do Sur”:

Arcadi Oliveres: “É aberrante que países con soldos e políticas fiscais tan diferentes compartan unha mesma moeda”

A súa intervención baseouse nunha forte crítica aos bancos e ao seu rescate por parte dos gobernos.  Quixo pór de manifesto a gran inxección de liquidez que recibiron os bancos desde que no ano 2008, coa caída de Lehman Brothers, estalou a crise financeira actual: 4 billóns 600 mil millóns. Unha cantidade equivalente ao que pide a ONU para erradicar a fame no mundo durante 92 anos. O economista considérao completamente inaceptable. Claramente supón un impacto, e non só ao Sur, porque aquí estamos a vivir recortes cando o diñeiro  está. Tamén mencionou o rescate en Grecia, de 10.000 millóns de euros, o equivalente ao plan de recortes do presidente Zapatero, que supuxo recortes de soldo a funcionarios ou accións como a eliminación do cheque bebé. Esta axuda estaría xustificada se non fose porque este diñeiro vai ir parar ao pago da débeda derivada da venda de armas. Oliveres cre, pois, que chegou a hora de dicir adeus ao euro. É aberrante que países con soldos e políticas fiscais tan diferentes compartan una mesma moeda. Tamén fixo un repaso polos vínculos dos dirixentes do Banco Central Europeo coa gran banca privada, Jean-Claude Trichet proviña de Crédit Lyonnais, e o futuro presidente Mario Draghi, futuro presidente do BCE, foi vicepresidente en Europa de Goldman Sachs. Tamén criticou o G-20 que teoricamente ten que vixiar a crise, pero que non fixo máis nada que salvar aos bancos e aos banqueiros, e atacou os paraísos fiscais, que permitirían acabar catro veces coa fame no mundo cada ano. Oliveres reiterou que non temos que diferenciar Norte-Sur, pois estamos ante un desastre global, e que a fame afecta o todo o mundo: cada día morren 80.000 persoas por desnutrición.

Jesús Carrión: “Os  dereitos comerciais son punibles, pero os dereitos humanos son voluntarios”

Tamén falou das fugas de capital e os paradoxais recortes que estamos a vivir. Lembrou a década dos 90, que se coñece como década perdida. O Norte inxectou diñeiro ao Sur, para crear demanda, e o Sur quedou endebedado. Por cada euro que se envía ao Sur en concepto de cooperación ao desenvolvemento,  recibimos 5 en forma de débeda. Bancos e caixas son responsables do empobrecimiento do Sur. Sinalou o exemplo dos coñecidos seguros “CDS”: se España cae, ti cobras porque compraches seguros CDS, e non hai ningunha vontade de regular isto. Un dos seus focos de estudo son as empresas transnacionais que vulneran os dereitos humanos de maneira sistemática. Segundo Carrión estamos ante o mundo ao revés, os  dereitos comerciais son punibles, pero os dereitos humanos son voluntarios. A lexislación comercial manda sobre as persoas, e isto é porque o sentido común é neoliberal. Só hai que ver casos do oito grandes transnacionais (Gas Natural, Telefónica, Endesa, Agbar…) e como todas elas están relacionadas con casos de vulneración de dereitos humanos. Estas empresas non poderían facer o traballo que fan sen o apoio de bancos e caixas, que son cómplices ben a través de préstamos ou participando como accionistas.  O capital destas empresas é o equivalente ao PIB de 18 países de América Latina. Tamén é grave a implicación de Cataluña Caixa co depósito 100%  natural que pretendía especular co prezo dos alimentos básicos como o azucre, o café ou o millo. A presión popular fixo que se retirase este depósito.

Pere Ortega: “Grecia recibiu o rescate a cambio de non anular comprar de armas  que tiña pendentes con Francia e Alemaña”

Pere Ortega tamén incidiu en que non temos que facer a división Norte/Sur, e puxo sobre a mesa que nos países do Sur hai un desenvolvemento, e que somos os norteños  os que nos estamos subdesenvolvendo. Falou que só o 1% de vendas  de armas corresponde ao mercado negro, e que, por tanto, a maioría de ventas fanas os estados.  Lembrou que o Ministerio de Defensa español se atopa en suspensión de pagos, que ten unha enorme débeda por compra de armas, unhas armas que non servirán para nada, e que irán en detrimento do desenvolvemento.  Grecia fixo trampa na súa contabilidade , non conta parte do gasto militar, e é o quinto comprador de armas do mundo. Recibiu o rescate a cambio de non anular as compras de armas que tiña pendentes con Francia e Alemaña. Sen transparencia non se poderán erradicar nunca as armas, e o segredo bancario non axuda. Sabemos que bancos son accionistas e sabemos o que di a prensa, pero nada máis. Italia obriga a que as transaccións de armamento sexan públicas, hai que acabar co segredo bancario. O BBVA é o banco que máis transaccións en armas fai. Tamén sabemos que Bankia ou Banco Sabadell están relacionadas con minas antipersones e bombas de dispersión.

Fonte: banca ética.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: