Karol Sachs Presidente Febea: “A crise aumentou o capital da banca ética”.

NACIONALIDADE: FRANCESA E POLACA. TRAXECTORIA: EMPEZOU NO BANCO COOPERATIVO CREDIT COOPERATIF E AGORA É PRESIDENTE DA FEDERACION EUROPEA DE BANCOS ÉTICOS E ALTERNATIVOS (FEBEA).

– Dígame en poucas palabras en que se diferencia un banco normal dun banco ético.

– Hai tres diferencias fundamentais. Se ti depositas os teus aforros na banca ética, podes estar seguro de que non van parar a negocios turbios. Ademais, a transparencia é absoluta, polo que sempre poderás saber onde se está investindo o teu diñeiro. Por último, poténciase o financiamento de negocios sociais e respectuosos co medio ambiente con créditos de baixo interese.

– De que maneira influíu a crise na evolución deste tipo de banca?

– A crise fixo que o seu crecemento se dispare cunha media dun 20% máis cada ano. A xente cada vez confía menos na banca tradicional.

– Os banqueiros éticos tamén teñen soldos desorbitantes?

– Non. O obxectivo dun banqueiro tradicional é aumentar o beneficio e así gañar máis. Na banca ética ninguén ten salarios de tolemia nin existen bonos para os que máis venden. A diferenza entre o salario máis baixo e o máis alto é de 1 a 11 mentres na tradicional é de 1 a 1.120.

– Como se controla neste ámbito a corrupción?

– Non temos casos de corrupción. Quizais por selección natural. Os banqueiros que queren gañar moito diñeiro non veñen pedir traballo á banca ética.

– Que opcións teñen os aforradores españois?

– Existen algúns bancos éticos con orixe noutros países que se instalaron en España, pero aínda non existe unha banca ética española como tal, que os cidadáns deberían demandar. O máis parecido eran as caixas de aforros, que acabaron por desaparecer porque o concepto estaba equivocado. A banca non ten que dar diñeiro a fondo perdido a iniciativas sociais, senón investir nelas.

– O movemento 15-M rexeita aos bancos, que non deixan de recibir diñeiro dos contribuíntes. Entende a indignación xeral?

– Por suposto que a entendo, aínda que o primeiro que hai que corrixir é que Europa estea a dar diñeiro aos bancos. O que se está facendo é salvar os aforros de todos concedendo capital que, ao final, os bancos terán que devolver con intereses. En calquera caso, comprendo a indignación, pero o que hai que facer é moverse e pedir que se creen bancos solidarios, sociais, alternativos como os da federación para a que traballo e meter os aforros aí.

Fonte: Diario Córdoba

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: