Aquí tedes a Memoria 2010 para poder informarvos e disfrutar da súa lectura:
- Memoria Fiare 2010 en galego: FIARE-MEMORIA2010-galego-ac e FIARE-MEMORIA2010-galego-bc
- Memoria Fiare 2010 en castelán: FIARE-MEMORIA-2010
O ano 2010 foi un ano complicado para case todas as persoas e organizacións en aspectos laborais, sociais ou económicos. Porén, no medio desta dura realidade, en Fiare experimentamos un forte crecemento en aspectos que non teñen relación principalmente cos números, aínda que estes tamén sexan bos e esperanzadores no caso do capital social.
Neste momento histórico, Fiare realiza a súa función como axente de Banca Popolare Etica en España a través dunha sociedade de responsabilidade limitada, denominada FIARE, S.L. Esta sociedade está formada exclusivamente por redes de persoas e organizacións que queren traballar no mundo das finanzas con outros valores.
Todas elas se agrupan para construír conxuntamente unha realidade nova, que permita integrar os principios da economía solidaria (equidade, traballo, sostibilidade ambiental, cooperación, ausencia de fins lucrativos e compromiso coa redonda) na actividade financeira. A realidade construída ata hoxe desde esa figura de axente non é pouca cosa, pero permite tamén seguir pensando no mañá.
As organizacións actualmente participantes nesta construción son: Coop 57, Fiare Canarias, Fiare Castilla-León, Fiare Catalunya, Fiare Centro, Fiare Galiza, Fiare Navarra, Fiare Sur, Fiare Xarxa Valenciana, Fundación Fiare (Euskadi) e recentemente Fiare Illes Balears.
Deste xeito, O CAPITAL SOCIAL PERMÍTENOS SER. A participación destas redes levando a cabo unha actividade socio-empresarial, configúranos e permite xa hoxe (nestes 5 anos de existencia) ter un contido nítido e tanxible, e unha visión do que queremos chegar a ser.
Todas elas, á súa vez, están compostas por múltiples persoas e organizacións de todo tipo de sectores, ideoloxías, confesións, etc. Todas elas nos achegan un valor agregado moi superior á mera suma de cada unha, xa que representan as dúas dimensiones do proxecto: o contacto co territorio, ao poder participar como socias nas asociacións locais e, a través delas, no goberno de Fiare e, por outra parte, o soño dun proxecto maior que construír entre todas e todos. Este soño non é só ideal, é actual e concreto, a través da posibilidade de comprometerse como socio futuro da cooperativa de crédito na que a actual axencia poida desembocar.
Deste xeito, O CAPITAL SOCIAL PERMÍTENOS ESTAR. Non lle ofrecemos produtos e servizos á cidadanía, estamos no territorio e, xunto a outros axentes, construímos sociedade. E queremos estar tamén alí onde non temos oficinas, nin actividade financeira, levar a semente dun cambio de cultura no mundo financeiro a todas as persoas, á marxe da súa condición ou non de socia e/ou cliente.
Se na memoria do ano 2009 salientabamos a incorporación de Castela-León e Galiza (2009 e principios de 2010, respectivamente), 2010 foi o ano insular: produciuse a incorporación definitiva de Canarias (con grupos en Tenerife e Gran Canaria) e comezou a actividade do grupo promotor de Baleares, tamén con 2 grupos en Mallorca e Eivissa.
Filed under: Economía solidaria e social,Fiare Banca Etica,Fiare GZ,Novas |
Deixar unha resposta