BpE supera os 36.000 socios e socias e os 700 millóns de euros de aforro ético e responsable

A italiana Banca Popolare Etica, coa que traballa FIARE, pechou o mes de outubro de 2011 superando os 36.000 socios e socias os cales achegaron capital social a esta cooperativa de crédito, baseada en principios éticos e solidarios, por importe de 34.516.000 euros. Destes socios, 5.524 son persoas xurídicas e 30.490 persoas físicas.

Neste mesmo mes, BpE superou tamén os 700 millóns de euros de aforro comprometido con valores éticos e sociais (702.110.000 €). Co aforro recolleito, BpE financiou até a data 5.138 proxectos sociais por valor total de 721.695.000 €. Máis información: www.bancaetica.it

O traballo conxunto non cesa.

Durante este mes as persoas expertas en créditos de Fiare están a asistir a un curso de formación en Padova sobre préstamos avanzados para o persoal de Fiare e de BpE para profundar no proceso de outorgamento de crédito desde unha perspectiva integral, é dicir, desde un punto de vista ético-social e económico.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: