Aprendendo un novo xeito de economía alternativa e solidaria

Desde o xoves 10 de novembro e ata o domingo 13 de novembro puidemos disfrutar na Coruña e en Santiago de Compostela de dous interesantes cursos sobre as posibilidades da Banca Ética e a Economía Social e Solidaria.  Contamos coa presenza de Peru Sasia (presidente de Fiare), con Carlos Rey (representante de REAS) e con moitas outras persoas, de Galiza e do estado español, que compartiron connosco as súas experiencias e coñecementos no mundo da economía onde prima o ben común, a dignidade da persoa e a asemblea que promove a participación e o compromiso por riba do beneficio puramente económico.

A continuación engadimos un dos artigos (con certas imprecisións) que foron publicados con motivos destas xornadas:

Galicia Confidencial | Compostela | 13/11/2011

Existe unha maneira consciente e responsable de consumir, e os seus alicerces están xa asentados. Iso é o que pensa a cooperativa de comercio alternativo Panxea que organizou un curso de economía alternativa e solidaria coa colaboración da USC.

Ao longo de tres días, as e os máis de 80 asistentes a este curso que se celebrou durante os últimos tres días en Compostela, coñeceron esa ‘outra maneira’ de facer as cousas. Como novidade, dúas presentacións en sociedade: a do banco de tempo Fervello e a do Portal de Consumo Responsable da Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS).

No panel de experiencias sobre comercialización alternativa, Verdegaia falou dos seus mercados de troco e a fundación Fillos de Galicia compartiu as vivenzas acontecidas tras a implantación da súa moeda social, o Galeuro. O protagonismo levouno un recentemente nado, Fervello, un banco de tempo que pretende pór en valor o tempo libre nunha rede de oferta e demanda onde cada persoa usuaria porá a disposición do colectivo aquilo que mellor sabe facer a cambio da cobertura dalgunha necesidade puntual, partindo sempre do principio de que as horas mortas valen o mesmo para todas porque todas somos iguais.

Durante a presentación do portal de consumo responsable de REAS fíxose especial fincapé no mercado social, a posibilidade real de intercooperar, de establecer unha relación comercial entre iniciativas e a cidadanía consumidora, partindo da base de que a economía solidaria está xa presente, con proxectos funcionando, en todas as fases do ciclo económico –produción, distribución, comercio e financiamento–.  O mesmo proceso que a Rede puxo en marcha no Estado español está a desenvolverse de maneira paralela a nivel global. Nesta liña, hai que destacar o papel fundamental que a Administración Pública xoga á hora de cambiar os criterios de consumo, predicando co exemplo e introducindo os valores éticos nos contratos públicos, priorizando aquelas empresas ou organizacións onde se respectan os dereitos laborais, os salarios entre home e muller son iguais a igual traballo ou se cumpren os principios do comercio xusto. En cifras, a Administración Pública consome a diario produtos e bens que representan o 16% do PIB da Unión Europea.

Alternativas de venres a domingo

Pero as xornadas arrincaron o venres coa presentación de REAS, que en Galiza reúne baixo o mesmo paraugas a máis de vinte entidades cuxo ámbito de actuación vai desde a produción e a transformación de alimentos en ecolóxico até a prestación de servizos con software libre, pasando pola bioconstrución ou a animación cultural e educativa. A esa rede pertencen os tres nomes que as finanzas éticas teñen no noso país: O Peto, Coop57 e Fiare-Galiza. Do panel de experiencias que os seus responsables protagonizaron cabe destacar a oferta brindada á cidadanía para a construción dunha banca desde abaixo, onde a propia persoa é a propietaria. Ademais diso, os representantes de Coop57 e Fiare-Galiza, así como a presidenta de O Peto fixeron especial fincapé nos estreitos vínculos que se establecen entre o tres entidades, adaptando a necesidade da ou do cliente aos servizos que cada unha delas presta. Así, Ou Peto presta diñeiro a interese cero a persoas en situación de exclusión social que non teñen acceso á banca tradicional e para proxectos de autoemprego, sempre ao redor da microeconomía. Pola súa banda, a cooperativa de servizos éticos e o banco actuarían nun nivel superior. En cifras, Fiare conta a día de hoxe en todo o Estado español con 2.500 millóns en capital social e move ao redor de 20 millóns en préstamos.

 No marco da produción e venda de alimentos agroecolóxicos presentaron as súas experiencias outros seis colectivos. Entre eles, cabe mencionar o horto ecolóxico de Amipa, situado nos terreos do convento de Herbón (Padrón) e onde os beneficios da venda de produtos cultivados en ecolóxico destínanse á integración laboral de persoas con discapacidade intelectual. Coas e os asistentes compartiron as súas vivenzas tamén outros dous referentes do consumo de alimentos agroecolóxicos, Lentura e Arqueixal. A primeira oferta excedentes de produtos de tempada, fundamentalmente verduras; a segunda é unha granxa familiar que apostou polo ecoagroturismo e pola posta en valor do rural, sendo ademais pioneira (1985) na produción de leite e queixo en ecolóxico. Ítaca e a cooperativa Armeria falaron de servizos de software libre e culturais, mentres un representante da cooperativa Mar de Lira narrou o traballo posto en marcha para garantir a transferencia xeracional dos coñecementos ligados á vida no mar, así como o ímpeto por introducir os froitos do mar nas redes da economía solidaria, fronte ás prácticas da pesca comercial, que esquilman os recursos das poboacións pesqueiras do Sur.

No papel das persoas consumidoras centráronse os representantes de Panxea e o grupo de consumo A Landra, do Carballiño. Tras a introdución realizada desde a comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGD, explicouse o funcionamento da cooperativa de consumo situada na compostelá Rúa da Rosa, onde se mestura comercio xusto co Sur e soberanía alimentaria no Norte para colocar nos estantes da súa tenda desde o café que chega de Nicaragua ou Chiapas aos pementos cultivados no horto de Lentura, ou os queixos de Arqueixal. Pola súa banda, o grupo de consumo que se achegou até a facultade de Matemáticas para contar a súa experiencia aglutina a unhas 25 persoas cuxo nexo de unión é a compra conxunta de alimentos realizada a produtoras e produtores nun radio dun 10km da vila ourensá. Para finalizar, cabe incidir no feito de que experiencias destas características existen por toda a xeografía galega, citando como cooperativas a Xoaninha en Ferrol, Zocaminhoca na Coruña, A cova da terra en Lugo ou Árbore en Vigo. Os grupos de consumo están tamén moi espallados, tales como Eirado en Compostela, Agrelar en Allariz, Semente en Ourense ou A Gradicela en Pontevedra.

Outros artigos relacionados:

Advertisements

2 Respostas

  1. Boas!

    cheguei á vosa páxina a través de Fiare española. Lin este artigo que hai aí enriba e pareceume moi explicativo, pero se dicides que ten imprecisións…. quixera saber cales son.

    Moitas gracias!

    • Benvida!
      Unha imprecisión é a seguinte: “A esa rede [REAS] pertencen os tres nomes que as finanzas éticas teñen no noso país: O Peto, Coop57 e Fiare-Galiza.”. Realmente nesta rede non están integrados estes tres proxectos de finanzas éticas, máis ben a vinculación/colaboración é doutro xeito como tamén ten lugar noutras zonas do estado español.
      Grazas por visitarnos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: