O que cada país europeo lle debe a outros países…

Excelente gráfico interactivo de BBC News co que se pode xogar na súa web:  ¿Quen debe canto a quen? Cuns poucos clics pódese ver cal é a débeda estranxeira de cada país europeo, algúns datos básicos e a quen se lle debe o diñeiro exactamente.

Segundo a BBC en España a débeda total son 1,9 billóns de euros -uns 41.000 € por habitante- e debémoslle diñeiro principalmente a Alemaña (131.000 millóns de euros), Francia (112.000 millóns), Reino Unido (75.000 millóns), Estados Unidos (50.000 millóns) e Italia (22.000 millóns). [Importante: para entender todos os detalles e tecnicismos, ver o Documento de Preguntas Frecuentes].

O grosor das frechas indica o volume da débeda. Facendo clic noutros países e léndoo á inversa, quen ten unha maior débeda con España son o Reino Unido (316.000 millóns), Estados Unidos (170.000 millóns) e logo xa Portugal (65.000 millóns) e Italia tamén(30.000 millóns). Curiosamente, Alemaña non nos debe nada de nada, do mesmo xeito que Xapón, Grecia ou Irlanda. [China non figura porque din que non hai datos demasiado fiables.]

Alguén se preguntará tras ver o gráfico se non sería máis fácil anular a débeda duns países coa dos demais, polo menos na zona europea, de modo que as cifras de débeda quedasen reducidas para todos. Por exemplo, se España lle debe a Italia 22.000 millóns e Italia débelle a España 30.000, anulamos a maior parte en ambos os dous países e deixamos unha soa débeda de Italia a España de 8.000 millóns.

O problema, tal e como escoitei explicar a un economista na radio hai uns días, é que a débeda non é de países-a-países senón de países-a-bancos. España débelle 24.000 millóns a «bancos franceses», non ao estado francés. Eses millóns e millóns de euros débense moitas veces a bancos distintos en cada país e non sempre poden «cancelarse». A partir de aí, unha especie de perversa lóxica circular fai que iso faga «necesario» o famoso «rescate» deses bancos, que seguen movendo as débedas e os seus millonarios intereses duns países a outros.

(Vía FlowingData.)


Bonus: Money Chart, unha mega-infografía con zoom de xkcd.com, onde se pode tentar comprender dunha ollada canto é todo o diñeiro do mundo a diferentes escalas, desde o dólar aos billóns de dólares (trillóns anglosaxóns), con especial detalle no caso dos Estados Unidos, onde se mostra en que categorías pode encadrarse cada partida. A zona global das economías mundiais é a de abaixo á dereita.

Fonte: lainformacion.com

Advertisements

Unha resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: