Fiare celebra a súa 2ª Asemblea de socios/as de Gipuzkoa

Venres, 25/11/11
Lugar da noticia: Donostia

Este sábado 26 de novembro, o proxecto Fiare de Banca ética celebra a súa segunda asemblea de socias/os de Gipuzkoa.

Fiare é unha proposta diferente que unicamente promove crédito a actividades colectivas de xeración de emprego e integración social, agroecoloxía e culturais que favorezan o desenvolvemento humano na nosa sociedade e no mundo. Un proxecto de banca sen ánimo de lucro, construída por organizacións sociais e que recolleu aforro por valor de máis de 32 millóns de euros, e concedeu financiamento a máis de 150 proxectos sociais, por un valor superior aos 26 millóns de euros. Só este ano, Fiare fixo posible que entidades sociais de distinto tipo accedan a máis de dez millóns de euros de crédito.

Tras un proceso de construción iniciado no ano 2003, Fiare conta hoxe con redes organizadas en Euskadi, Navarra, Catalunya, Valencia, Madrid-Centro, Andalucía-Estremadura, Galiza, Canarias, Castela-León e Baleares. Existen así mesmo procesos de implantación en marcha na Rioxa, Asturias, … Un armazón de máis de dous mil cincocentas persoas e organizacións, que achegaron capital ao proxecto por valor superior aos dous millóns e medio de euros. O obxectivo é superar en 2012 os 5 millóns de euros de capital en todo o estado.

En Euskadi, Fiare está moi preto xa do millón de euros de capital social e conta con máis de 800 persoas e organizacións socias, tendo o obxectivo de chegar neste territorio a 2.000 socias en 2012, para un capital social superior ao millón e medio de euros. En Gipuzkoa son mais de duascentas as persoas e organizacións socias de Fiare, o que totaliza un capital social próximo aos 200.000 Euros. Respecto ao aforro, o recolleito en Gipuzkoa está xa moi preto do millón e medio de euros.

Sobre a base da participación, a cooperación e a transparencia, Fiare pretende posibilitar que a cidadanía apoie cos seus aforros exclusivamente proxectos da economía real que supoñan un impacto social positivo, decidindo o uso que destes fai a entidade financeira e excluíndo investimentos en actividades insustentables ou asociadas ao mantemento da inxustiza (especulación, armamento, destrución do medio ambiente…).

En plena crise, Fiare está concedendo a finais de 2011 crédito a un ritmo superior aos 700.000 euros mensuais, a entidades que teñen en moitos casos dificultades para acceder ao crédito bancario tradicional.

O acto do Sábado, que comezará ás 11:00 no colexio Irungo La Salle de Irún (Avda Elizatxo 14) contará coas intervencións, entre outros, de Perico Pérez Arróspide, Presidente da Fundación Fiare (entidade promotora do proxecto), Peru Sasia, director do proxecto Fiare e Periko Etxeburua, coordinador do proxecto en Gipuzkoa, quen explicarán os seguintes pasos, centrados en consolidar a estrutura cooperativa e a oferta de servizos bancarios á cidadanía. Durante a asemblea, contarase así mesmo con intervencións de representantes dos grupos locais de apoio a Fiare que existen en Donostia, Irún, Renteria. Ordizia e Eibar.

Fonte:  www.ola19.com
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: