O poder financeiro toma os Gobernos da UE

A maioría de países da Unión situou en postos económicos clave a directivos da banca de investimento. Catro excomisarios de Durao Barroso traballan agora para o sector.

[Ao ler este artigo non esquezamos estoutro: “A fenda entre ricos e pobres alcanza o seu nivel máis alto en 30 anos”.]

PERE RUSIÑOL MADRID, Público, 04/12/2011

Algúns filósofos europeos tan reputados como Jürgen Habermas xa advertiron de que o que está en perigo ante o bulebule financeiro na UE non é só o euro. Vai moitísimo máis aló: trátase da democracia mesma.Habermas expresouno nunha entrevista en Le Monde mentres dous primeiros ministros elixidos nas urnas Yorgos Papandreu, en Grecia, e Silvio Berlusconi, en Italia eran substituídos polos supostos tecnócratas Lucas Papademos e Mario Monti, respectivamente: “A democracia nun só país non pode sequera defenderse contra os ultimátums dun capitalismo furioso que traspasan as fronteiras nacionais“, advertía o último gran filósofo da Escola de Frankfurt.Papademos suma oito anos de vicepresidente do Banco Central Europeo (BCE) e outros oito como gobernador do Banco Central grego. E Monti, que aterrou en Roma tras seis anos asesorando a Goldman Sachs, colocou á fronte do seu equipo económico a Conrado Passera, máximo executivo do banco Intesa Sanpaolo, e a Vittorio Grilli, ex directivo de Credit Suisse First Boston Group.
Image
Pero a toma do poder político na UE por parte de tecnócratas vinculados ao sector financeiro, coincidindo ademais coa chegada á cúspide do BCE de Mario Draghi, ex directivo de Goldman Sachs, non empezou este axitado novembro. Desde maio de 2010, co primeiro rescate grego, os recortes coordinados en toda a UE e o incendio da eurozona, os postos económicos clave dos Gobernos vanos asumindo directamente dirixentes con pasado no mesmo sector cuxos excesos, coinciden os expertos, provocaron a crise.

Desde entón, a maioría de vacantes económicas cubriuse seguindo este patrón (ver gráfico): en Portugal, Dinamarca, Suecia, Letonia E polo menos 14 dos 27 países que integran a Unión situaron xa a exbanqueiros ou xestores de fondos á fronte do ministerio de Economía, Finanzas ou do Banco Central.

“O que está a suceder en Europa é un auténtico golpe de estado financeiro por parte dos mesmos que causaron a crise”, opina Marshall Auerback, economista da Universidade de Wisconsin. “O poder financeiro quere ter aos seus nos postos de decisión política porque se xoga moito; non é esaxerado falar dunha ditadura financeira disfrazada“, secúndalle Alejandro Inurrieta, do Instituto de Estudos Bolsistas.

Auerback e Inurrieta comparten unha rara característica: foron, en certa forma, insiders. O primeiro é xestor do hedge fund Madison Street Partners. E Inurrieta, que foi director xeneral do Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero, formaba parte do núcleo máis próximo ao ministro de Industria Miguel Sebastián, un dos colaboradores do presidente con mellor entrada nos mercados.

Seguir lendo…

Advertisements

Unha resposta

  1. […] O poder financeiro toma os Gobernos da UE fiaregz.wordpress.com/2011/12/06/o-poder-financeiro-toma-os-…  por Socram hai 2 segundos […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: