Criterios básicos para exercer un consumo responsable

Criterios básicos sobre consumo responsable cunha actitude crítica, consciente e responsable.

1.- Evitar o consumo prescindible, unha actitude previa antes de mercar.

Preguntarme previamente se realmente necesito o que vou comprar.

A diferenciación entre necesidade e desexo, é cada día máis difícil de obxectivar. Falar de produtos prescindibles e imprescindibles.

A xustificación está na solidariedade, na xustiza e na sustentabilidade:

  • Reducir o consumo ao realmente necesario.
  • Reutilizar sempre que sexa posible como alternativa á compra nova.
  • Reparar antes que substituír.
  • Trocar.

2.- Preguntarme pola calidade e a garantía que me ofrece o produto ou servizo que vou adquirir.

Esixir información e transparencia:

  • Correcta etiquetaxe. Información útil que o fabricante pon á miña disposición.
  • Selos e certificados de garantía externos.
  • Campañas e Publicacións especializadas (Guías de Consumo).

3.- Preguntarme pola sustentabilidade ambiental, as repercusións medioambientales do proceso de produción, trasporte e comercialización.

  • Favorecer accións, produtos e sistemas de produción non prexudiciais para o medioambiente a curto, medio e longo prazo.
  • Proximidade entre o punto de consumo e o de produción.
  • Redución ou reciclabilidad dos residuos e envases.

4.- Preguntarme pola xustiza social e o respecto aos dereitos das persoas participantes no proceso de produción, transporte e comercialización, a sustentaibilidade social.

  • Equidade en política salarial.
  • Condicións de traballo dignas.
  • Igualdade de oportunidades no acceso ao traballo.
  • Postos de traballo estables e sustentables.
  • Relacións comerciais xustas.

Comercio Xusto.
Redes de Economía Solidaria.
Responsabilidade Social da Empresa: Códigos éticos, Auditorias externas, etc.

5.- Utilizar de forma apropiada e responsable os bens adquiridos (despois de mercalos).

  • Usar cun criterio de sustentabilidade medioambiental, evitando despilfarros.
  • Coidar e manter para que os bens duren.
  • Reciclar ao final da súa vida útil.

Comisión de Consumo Responsable de Reas Navarra
Publicado en boletín Imagina en sept- 04

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: