CERAI súmase ao proxecto de Fiare de Banca Ética

CERAI se suma al proyecto de Fiare de Banca ...

A actividade económica non é neutral. Non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou inintencionales. Toda decisión económica é, en último termo, unha decisión ética, asumida desde un marco determinado de conviccións e cuxas consecuencias favorecen a uns e prexudican a outros.

Afortunadamente, cada vez máis persoas e organizacións vanse facendo conscientes desta realidade e tentan tomar as decisións sobre o destino dos seus aforros, sobre as súas solicitudes de crédito ou os seus investimentos con responsabilidade, baseándose nunha información fiable e suficiente.

Unha mostra desa toma de conciencia é o Proxecto Fiare. Un instrumento financeiro que dirixe os seus esforzos cara a todas as persoas e entidades que traballan para transformar a nosa sociedade nunha realidade máis xusta, participativa e inclusiva.

Un proxecto ao que se uniu CERAI mostrando o seu compromiso co sistema de finanzas alternativas e solidarias, tratando de conseguir un mundo máis equilibrado a nivel social.

O Proxecto Fiare ten como obxectivo ser un instrumento en mans de toda a cidadanía activa que quere recuperar a xestión dos seus aforros e dirixilos cara a proxectos e actividades que xeren un impacto social positivo. En definitiva, ser un banco en mans da cidadanía. Un novo modelo financeiro no que a sociedade civil ocupa o primeiro lugar.

En palabras de Peru Sasia, director do Proxecto Fiare: “Trátase de vincular o aforro responsable das persoas que se implican no noso proxecto coas necesidades de determinadas organizacións sociais. Tentamos cubrir esas necesidades adiantándolles o diñeiro que precisen, que logo devolverán aos poucos e aplicámoslles, evidentemente, un tipo de interese, posto que debemos garantir a nosa viabilidade económica. Este é o ben social da entidade financeira. Todo o demais, iso de que a finalidade do banco é maximizar o seu beneficio económico é unha construción do capitalismo neoliberal globalizado.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: