A derrota do capital financeiro polo pobo islandés

Este artigo describe como a poboación en Islandia se revelou exitosamente fronte ás políticas neoliberais impostas polo Fondo Monetario Internacional e a Unión Europea.

Islandia é un país de pouco máis de 300.000 habitantes. Non ten Exército. E, con todo, derrotou aos centros financeiros máis importantes do mundo a base da súa firmeza e vontade popular. Nas ligas de riqueza que periodicamente se publican, Islandia aparecía como un dos países máis ricos do mundo, xa que o seu PIB per cápita era dos máis elevados. E todo iso atribuíase á enorme desregulación da banca, permitíndolle a esta o que quixese, sen ningún tipo de regulacións, freos ou inhibicións. Islandia era o paraíso do neoliberalismo. As políticas do goberno islandés estaban orientadas a facilitar e dar a benvida ao capital financeiro doutros países, como Gran Bretaña e Holanda. Iso conduciu a unha situación en que todo o mundo estaba endebedado, incluíndo o Estado. A débeda pública pasou de ser 200 veces o PIB do país en 2003 a 900 veces en 2008.     Todo parecía ir como unha seda ata que estalou a crise financeira europea. Entón, a economía islandesa colapsou. Os tres bancos máis importantes de Islandia, Landbanski, Kaupthing e Glitnir foron nacionalizados. E a súa moeda esborrallouse. O seu valor descendeu un 85% respecto ao euro.

Este desastre financeiro foi a orixe dunha revolución popular que cambiou o rumbo do país, até entón gobernadas por elites familiares que controlaran o poder financeiro e político do país. Tal revolución popular recuperou a súa soberanía perdida. O goberno, respondendo o colapso, negociara un préstamo de 3.500 millóns de euros de varias fontes e países. Pero como condición, tanto o FMI como a Unión Europea quixeron impor unhas condicións draconianas á poboación islandesa, tal como está a ocorrer en Grecia, Irlanda, Portugal, España e Italia. Entre estas condicións estaba unha que esixía que cada cidadán en Islandia pagase o equivalente a 100 euros ao mes durante o próximos quince anos a fin de pagar a débeda debida a tales bancos. Esta demanda foi a que sacou á poboación á rúa, e así comezou a revolución islandesa. A idea de que a cidadanía tiña que pagar o desastre creado como consecuencia do comportamento irresponsable da banca, que contou coa complicidade do Estado, foi máis do que a xente podía tolerar. A presión da rúa -elemento crave na revolución popular- fixo que o xefe do Estado, Ólafur Ragnar Grímsson, rexeitase asinar a lei que esixía que a cidadanía pagase as débedas privadas e públicas e que aceptase a petición popular de que se convocase un referendo no que a poboación expresase a súa opinión sobre a citada lei.

Os gobernos británico e holandés, en nome dos seus bancos, así como o FMI e a Unión Europea, ameazaron por todos os medios con converter a Islandia na Cuba do Norte de Europa, illándoa completamente, como ocorrera despois da revolución cubana. Pero a poboación respondeu que “se aceptaban a lei proposta polas elites gobernantes, Islandia converteríase no Haití do Norte”. En marzo de 2010 a poboación votou no referendo e nada menos que o 93% rexeitou aquela lei. O enfado da poboación traduciuse nun movemento que esixiu responsabilidades civís e criminais aos responsables da crise financeira en Islandia, incluíndo o que fora o Primeiro Ministro de Islandia, así como os presidentes dos tres bancos que tiveron que ser nacionalizados. Todos eles terminaron nos tribunais, e non se exclúe que terminen no cárcere.

Froito da indignación popular, tamén se esixiu que se fixese unha Nova Constitución escrita, non polo Parlamento, senón por unha Comisión Popular, formada por 25 cidadáns sen filiación política entre 522 adultos que foran elixidos pola poboación. Está a elaborarse o borrador, e a comisión está a recibir comentarios por Internet. Cando o proceso termine, será suxeito ao Parlamento para a súa aprobación.

Varias consecuencias poden deducirse do devandito até agora. Unha delas é que todas as previsións de “catástrofe” que ocorrería se o referendo fose rexeitado -como  o foi-, provenientes dos centros financeiros, FMI e dos gobernos da UE, foron ignorados, pois eran motivados para crear unha cultura do medo que servía aos seus intereses. A outra conclusión é que calquera solución ao enorme problema creado polos bancos estranxeiros e nacionais pasa por recuperar a soberanía por parte da poboación. Islandia demostra a necesidade de non delegar o poder popular a outras institucións que claramente mostraron que non representan os intereses da maioría da poboación.

Ver artigo en PDF

Artigo publicado por Vicenç Navarro

Máis información sobre Islandia

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: