“Demos o paso de fusionar Fiare coa Banca Popolare de Italia en 2012”

Entrevista a Peru Sasia | Director de Banca Etica Fiare

p006_f01.jpg

Autor: Juanjo BASTERRA | BILBO

Banca Ética Fiare avanza na súa consolidación como unha cooperativa de crédito. En 2012 fusionarase con Banca Popolare de Italia para actuar desde o 2013 como unha cooperativa de crédito. Para 2012, espera manter un crecemento «positivo».

Como pecha Fiare 2011?

Está a pechar a fase cero. 2011 supuxo non concluír, porque hai territoriais que se están a articular no proxecto, pero basicamente estamos en todo o Estado español. O importante é o eixo social, como unha ferramenta colectiva articulada ao redor de persoas e organizacións, e acabamos o ano coas ideas claras, coa convicción de que estamos a construír o proxecto como merece a pena construírse e recibindo da crise o que recibe a maior parte da xente normal e tratando de responder.

Canto crédito entregaron neste ano difícil?

Estamos a acabar o ano a un ritmo de concesión de créditos dun millón ao mes. É tremendo. Desde o punto de vista alternativo dun proxecto de economía solidaria, conseguir redirixir un millón a proxectos de rexeneración da cantidade de vítimas desta crise e da sociedade en xeral, é un ritmo importante. É certo que é unha cantidade diminuta se o temos en conta cos «mostruos financeiros», pero a nosa vocación non é esa nin agora nin nunca.

Satisfeito?

Si. Porque non tivemos baixadas no ritmo do aforro que a crise, no noso caso, tamén podería producir. Non trouxo iso, senón ao contrario, porque aumentamos o ritmo de incorporación de aforro e onde temos o reto é no capital social que seguiu crecendo. Situámonos no conxunto do Estado español en tres millóns, dos que a metade corresponden a Euskal Herria. Cada día temos máis claro que o proxecto Fiare de Banca Ética merece a pena, pódese facer e pódes levar adiante con solvencia.

A canto ascende o volume total dos créditos concedidos por Fiare?

A 27 millóns de euros. A crise trouxo máis demanda de crédito e máis fraxilización da demanda de crédito, porque a situación económica xera máis vulnerabilidade na xente. Afrontar devolucións de crédito vólvese máis difícil, pero non temos morosidade. Non chegamos nin de lonxe ao 1%. Estamos tranquilos por esta parte.

Hai baixón de demanda de crédito pola crise?

Non. Teríamolo esperado. A nosa clientela de aforro é xente fraxilizada, non hai retiradas de aforro. En aforro creceremos en 4,5 millóns, inferior á demanda de crédito, pero teremos un remanente duns 31 millóns ao finalizar este ano.

Foi positivo 2011 para o proxecto de Banca Ética Fiare?

O noso obxectivo irrenunciable era ter o máis claro posible a nosa organización a nivel estatal, e está conseguido. A fase seguinte supón operar con licenza en todo o Estado español como cooperativa de crédito que ofreza produtos bancarios, contas correntes á cidadanía. Expuxémonos a integración na Banca Popolare Etica de Italia. Levamos máis de catro anos estudando a hipótese dunha cooperativa a nivel europeo como punto de aterraxe do noso proxecto. Traballamos como axentes de Banca Popolare de Italia e decidimos fusionarnos con eles. Recibiron a nosa decisión de bo grado e temos a declaración política para dar pasos de integración para actuar como unha cooperativa de crédito con todas as bendicións administrativas e legais. En 2012 aclararemos as cuestións de viabilidade do proceso e traballaremos nunha cooperativa de crédito con licenza.

Está decidida a fusión con Banca Popolare?

Si. É un proceso que abre outras estratexias e alternativas cos movementos sociais, porque este proxecto pasa a ser un proxecto do Estado español e de Italia, aberto nun futuro a outras cooperativas da UE.

Que dimensión terá?

En 2013 tería 50.000 persoas e entidades socias, e máis de 1.000 millóns longos de aforro. Unha estrutura bancaria xa non insignificante. No Estado hai caixas máis pequenas. Fiare quere chegar con 5.000 persoas e entidades socias polo menos e con 5 millóns de capital social e 2.500 socios. Este proceso ábrenos as portas ás contas correntes, domiciliacións bancarias, libretas, o que nos permitirá reforzar a estrutura de oficinas e actuar como banca por internet, o que nos achegaría a aumentar o volume de operacións. Estenderemos a nosa base social, que na actualidade son 1.700 clientes de aforro, pero temos 2,000 asociados. Ese desfasamento ten que ver con que non temos oficinas en moitos puntos, pero coa fusión quedará máis resolto.

Desde o seu punto de vista até onde chegará a crise actual?

Un elemento significativo da situación é a incerteza vinculada á fraxilidade da escena política. Aí reside o problema. É unha incerteza que non sabes o que vai pasar e intúes que hai axentes relevantes con capacidade de decisión que están apantallados de nomes xenéricos como os mercados. Pero non fai falta ser sagaz para darse conta que hai unha fraxilización social do risco, porque o colapso económico xeralizado pódese transmitir a todos os países europeos.

No medio deste problema, como aguanta Fiare?

Transmitimos con claridade o que ten que ser, o que queremos ser, é dicir un circuíto consistente de intermediación-crédito. Consistente quere dicir que o propio circuíto teña as menores interferencias externas, que non haxa unha drenaxe de fondos cara á esfera especulativa, que che leva a un lugar onde non se sabe o que vai ser de ti. A realidade demostra que estamos a crear ese circuíto sólido. Actuamos no eixo cultural, que é imprescindible. As persoas e organizacións que acceden a este campo teñen feita a dixestión social sobre este tema. É xente que vén sabendo, que ten elementos de renuncia á maximización de beneficios cando te achegas á entidade financeira. Que ten que ver con elementos de solidariedade, de doazón. Esa é a nosa base social e, desde logo, estamos moi satisfeitos.

Fonte: Gara.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: