Encontros coa Economía Solidaria, audio da charla de Arcadi Oliveres

Lunes, 23/01/12

Moitas persoas achegáronse ao encontro que organizou Setem na Pantera Rossa para coñecer, esculcar, reflexionar, ao redor da economía solidaria. E moitas foron as definicións que se escoitaron sobre que é a economía solidaria. Hai tantas definicións como persoas, e é que cando falamos de economía solidaria o importante e o que ten valor son as persoas. As subxectividades enchéronse de propostas, soños, utopías?…  e puxemos os nosos recursos sobre a mesa para comezar a transformar a realidade.

O venres na tarde, os compañeiros de Financiación Solidaria, mergulláronnos na economía solidaria a través de dinámicas que xeraron un bo clima de traballo e un interesante debate. Xente de todas as idades e de todos os ámbitos, traballando conxuntamente para crear novas iniciativas e abrir novas frontes de actuación, e novas formas de relación.

O sábado pola mañá, Arcadi Oliveres, economista e activista pola xustiza social e a paz, presentounos a crúa e sanguenta realidade que se esconde tras as entidades financeiras. O negocio financeiro unicamente busca a rendibilidade económica, e non esconde o seu afán en acumular riquezas en beneficio duns poucos, sen importar as catastróficas consecuencias a nivel social e medio ambiental. Pensamos que é importante coñecer e denunciar as actuacións das devanditas entidades financeiras, á vez que comezamos a construír colectivamente novas alternativas que potencien outra forma de entender a realidade.

Na mesa de experiencias puidemos coñecer en primeira persoa dúas iniciativas que teñen que ver coa potencialización das redes comunais entre persoas e coa autogestión. O  Banco del Tiempo de Zaragoza é unha iniciativa promovida desde a FABZ, que pretende desmitificar o concepto “diñeiro” como único medio de intercambio entre servizos. O verdadeiro valor sitúase no tempo das persoas, que é a unidade de medida que se utiliza para dar e recibir e establecer relacións de igualdade e solidariedade.

As comunidades autofinanciadas (CAF) viñeron da man de Atarraya, rede alternativa de cooperación e acción sociocultural Centroamérica-España. Aprendemos como podemos organizarnos para resolver as nosas necesidades económicas sen ter que depender dos créditos financeiros e os seus custosos intereses. A autoformación e o establecemento de relacións de confianza son os grandes valores que comportan estes grupos de persoas.

O peche chegou co taller de moeda social por parte da Xarxa Eco de Tarragona. Desde esta perspectiva o diñeiro xérase a partir do traballo e a produción, e trátase dun mero medio de intercambio ao servizo das persoas. Descubrimos novas formas de entender as relacións e a vida, e como desde este tipo de iniciativas podemos implicarnos nun proceso de desenvolvemento persoal e social que nos libere das normas, prexuízos e estereotipos que na nosa vida estanse a consolidar na nosa mente e no noso corazón.

Os tempos de crise son unha oportunidade para as iniciativas, para as aprendizaxes colectivas, para a unión e o auto-organización. O medo non debería ser quen se instalase nas nosas vidas, senón máis ben a confianza na xente que nos rodea e nas nosas capacidades de actuación. É o momento de comezar a cuestionar e a transformar. Seguimos adiante na construción dun novo sistema de relacións que nos faga máis iguais e máis libres.

Fonte: arainfo.org

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: