Banca Ética: o proxecto Fiare en Galicia

Autor/a: persoa asistente á charla.

O pasado mércores 18 de xaneiro, ás 16:30 horas, celebrouse no Instituto de Educación Secundaria A Paralaia (Moaña) unha charla coloquio, a cargo de Manuel Adame, baixo o título: “Banca ética: o proxecto Fiare en Galicia”.

Ante un público de en torno ás cincuenta persoas, Manuel, socio de Fiare Galicia e membro do Grupo Local de Vigo, explicou en que consiste a banca ética e que é o proxecto Fiare. Lembrou o seu nacemento, no 2003, para a promoción da banca ética co obxectivo definido de crear unha ferramenta de intermediación financeira -en forma de cooperativa de crédito- que velase polo interese común, pola participación e a transparencia, e polo servizo á xustiza. Manuel ofreceu unha crónica da historia do proxecto ata o momento actual, poñendo en evidencia o seu crecemento exponencial, que permite, cada vez máis, servir de canle entre o aforro dos particulares e organizacións e iniciativas que supoñen unha transformación da nosa sociedade. Trátase, en última instancia, de rescatar o valor social do diñeiro e a actividade económica, poñéndoos ao servizo dun mundo máis xusto, humano e sustentable.

Manuel detívose moi especialmente na evolución do proxecto Fiare en Galicia. Lembrou a variedade de grupos e organizacións que o conforman, que coinciden no seu compromiso cos valores do altermundismo e abranguen grupos ecoloxistas (Adega, Verdegaia, Sociedade Galega de Educación Ambiental), sindicais (Sindicato Labrego Galego), de economía alternativa (Ais O Peto), comercio xusto (Amarante, Solidariedade Internacional), consumo responsable (Zocamiñoca, Panxea, Árbore), cristiáns (Parroquia Cristo da Victoria de Vigo, Arela, Irimia), cooperación (Enxeñería sen fronteiras, Altermundo), etc. Tendo en conta que a Asociación non se constituiu ata o 2010, foron certamente enormes os progresos acadados en moi pouco tempo, tanto na incorporación de socios institucionais como de persoas físicas, o que avala a viabilidade do proxecto.

Por último, Manuel destacou o papel dos grupos locais na consolidación de Fiare Galicia e na labor -agora mesmo prioritaria- de captación de capital social, pois so así garantiranse tanto o desenvolvemento territorial do proxecto como o financiamento de iniciativas solidarias en todo o territorio.

As charla suscitou o interese dos asistentes, entre os que había estudiantes, docentes, veciños e veciñas… De feito, a continuación moitos deles participaron nun intenso e prolongado debate, que deu lugar, ó final, a un reparto de solicitudes de afiliación ó proxecto entre un número significativo de persoas. Esta foi, sen dúbida, a mellor proba das arelas de cambio que se perciben cada vez máis na nosa sociedade, da simpatía coa que moita xente se achega ás finanzas éticas, e do esperanzador futuro que o proxecto Fiare Galicia ten por diante…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: