Asemblea Fiare GZ

O sábado 11 de febreiro invitámosvos a asistir á Asemblea Fiare Galiza (FiareGz), que terá lugar na Rectoral de Celas de Peiro, localizada no lugar da Cela, Parroquia de Celas de Peiro, no concello de Culleredo, moi próximo á Coruña.  Reunirémonos neste acolledor lugar as persoas socias que formamos parte de FiareGz e todas aquelas outras que nos queiran acompañar neste momento de encontro, de formación e de traballo.  Estaremos encantados/as de contar coa túa presenza.  Podes vir aínda que non sexas persoa socia.  O importante é que desexes informarte para así poder participar!

O horario da xornada será o seguinte:

  • 10.00: Asemblea Ordinaria de FiareGz. Recollida de credenciais e primeira convocatoria.
  • 10.30: Asemblea Ordinaria de FiareGz. Segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
    • 1- Aprobación, se procede, da xestión da Xunta Directiva: presentación do Informe de Xestión (que inclúe o informe de actividades e o informe de persoas socias). Rogos e preguntas.
    • 2- Aprobación, se procede, da memoria económica 2011.  Rogos e preguntas.
  • 11.40: RECESO.
  • 12.00: Presentación e información sobre o proxecto Fiarea nivel estatal por parte de Clara Soler (responsable da relación coas persoas socias de Fiare).
    • Cuestións sociais.
    • Cuestións estruturais: traballo dos grupos locais e relación coas persoas socias.
  • 13.15: Presentación do borrador do Plan de Actuación 2012 e explicación do obradoiro de dinamización da sesión de tarde.
  • 14.00-16.00: XANTAR COMPARTIDO. Cada persoa asistente levará comida para poñer en común.
  • 16.00: Dinámica de funcionamento interno e elaboración conxunta do Plan de Actuación 2012.
  • 18.00: RECESO.
  • 18.15 – 19.15: Aprobación, se procede, do plan de actuacións 2012.

Distintas formas de chegar a este lugar desde: Coruña, Ferrol-I, Ferrol-II, Lugo-I, Lugo-II, Santiago-Vigo-I, Santiago-Vigo-II, Santiago-Vigo-III, Santiago-Vigo-autoestrada-I.

Esperamos vervos!  Para calquera dúbida podes escribir a: fiaregz@proyectofiare.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: