A agua, como a vida, non é unha mercadoría

Todas as versións deste artigo : [Català] [Castellano] [Galego]

Ecoloxistas en Acción e Enxeñaría sen Fronteiras presentaron a publicación “El agua, como la vida, no es una mercancía. Propuestas de implementación del derecho humano al agua y al saneamiento, y luchas contra la privatización”. Foi editada pensando na participación de multitude de plataformas, redes e organizacións no Foro Alternativo Mundial da Auga que se celebra en Marsella desde o 14 ao 17 marzo 2012. Ademais, desenvolve a proposta ao Goberno español para incorporar, na Lei de Augas, o dereito humano á auga e a obrigatoriedade da xestión pública do abastecemento e saneamento urbano.

É tempo de solucións! Proclama o lema do 6º Foro Mundial da Auga (FMA) que se celebrará en Marsella perante o feito de que sigan existindo millóns de persoas sen acceso a auga potábel e saneamento, é dicir, sen acceso a unhas condicións mínimas de saúde e dignidade en pleno século XXI. O problema é que se están a implementar as solucións que propón este Foro desde hai máis de 20 anos, que se resumen en máis mercado e máis xestión privada da auga, e non se solucionaron os graves problemas de acceso a auga potábel e saneamento.

En cambio, un elevado número de organizacións ecoloxistas, sindicais, políticas, veciñais, ONGD… reivindican xusto o contrario: a solución aos problemas do abastecemento, e saneamento da auga, é unha xestión pública, transparente, con participación social e que priorice a igualdade e o respecto ao medio. De aí a necesidade do Foro Mundial Alternativo da Auga e a súa importancia para que todas estas organizacións poidan construír colectivamente tanto o freo á privatización da auga como as propostas para unha xestión con xustiza social e ambiental.

Seguir lendo o artigo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: