Integración dos conflitos e normas laborais: a ruptura do pacto constitucional pola Reforma Laboral (2012)

Julia López. R. Hyman expón a existencia do conflito como unha base de todas as relacións tanto no ámbito privado como na esfera pública, esta afirmación compartida pon de relevo a importancia que os mecanismos de integración das diverxencias ten nas sociedades. Estes mecanismos de integración dos conflitos son os que garanten en última instancia niveles de paz social. O Dereito do Traballo obedece a esta óptica recortando as desigualdades entre os contratantes no contrato de traballo e recoñecendo a capacidade de incidir na fixación das condicións de traballo a través da negociación colectiva. É esta a óptica que, na miña opinión, tense que adoptar para facer unha crítica contundente do que se quixo denominar unha Reforma Laboral e que realmente é unha reforma do modelo de convivencia que nos demos nunha Constitución que pechou, formalmente, o período da Ditadura franquista. A Reforma Laboral esconde detrás dos cambios de regras de ordenación do mercado de traballo un cambio que transcende este para afectar ao modelo de sociedade en sentido máis amplo, neste sentido supón un cambio drástico e violento das regras de ordenación social.

A Reforma Laboral rompe, en primeiro lugar, o compromiso internacional que se plasma na ratificación dos Convenios da OIT  e na cláusula que a interpretación de dereitos impón o art. 10.2CE.

A Reforma Laboral rompe, en segundo lugar, o compromiso social que, plasmado no texto constitucional, deseña unha serie de dereitos fundamentais que son a base de ordenación social. Os cambios que se introduciron, con toda unha serie de modificacións no ámbito individual e colectivo, recortan de maneira drástica os dereitos sociais aumentando a desigualdade. Faise ademais por vía de urxencia sen pasar así polo compromiso de pactos que supón unha Lei Orgánica. Por Real Decreto-Lei non se pode regular -xa que a Constitución impón Lei orgánica- liberdade sindical, folga e materias de igualdade e non discriminación por xénero. Así pois é contundente a quebra do modelo de garantías fixado na CE que esta norma representa.

Os principais cambios que inciden nun modelo de maior desigualdade e precariedade aglutínanse ao redor dos cambios do modelo contractual de aprendizaxe, contrato a tempo parcial e o chamado contrato de emprendedores.

Respecto ao modelo formativo,  ábrese a posibilidade de contratos de aprendizaxe de tres anos e amplíase o límite de idade a 30 anos, así como permítese o encadeamento de contratos desde unha perspectiva de distintas actividades na mesma ou diferente empresa.  O modelo de contratación temporal deseñado na Unión Europea

En canto aos modelos de repartición de emprego, o contrato de tempo parcial a partir do cambio normativo permite a realización de horas extraordinarias desdibuxándose así a diferenza co contrato a tempo completo e consolidando a violación do principio de proporcionalidade de dereitos que a Unión Europea impón a través das normas comunitarias. O impacto negativo será máis forte para as mulleres se ademais engadimos que, a partir da Reforma Laboral,  o empresario pode distribuír o 5% da xornada anual de forma irregular.

Outro aspecto que se introduce no último cambio normativo a nivel de contratación é o chamado contrato de emprendedores, para empresas de menos de 50 traballadores.  Esta medida de aparente incentivación dun modelo de contratación por tempo indefinido desvanécese cando se ten en conta que o período de proba, un ano,  pode durar máis que a media de contratos temporais que se celebran hoxe.

O modelo de contratación acompáñase co de erosión dos acordos, dos compromisos, para alterar as condicións pactadas. A Reforma introduce unha maior unilateralidad nos cambios de condicións de traballo inicialmente pactadas, cunha maior apertura na interpretación das causas de xustificación dos cambios e un procedemento que elimina os mecanismos de acordo cos representantes dos traballadores. A clasificación profesional eliminou as categorías profesionais e refírese aos grupos, o que dá ao traballador unha maior vulnerabilidade no tema de mobilidades e dana de forma contundente a idea de carreira profesional.

Na liña que xustifica a afirmación de que estamos diante dunha Reforma Laboral que está máis preocupada por despedir que por contratar,  debilítase a causalidade extintiva e abarátanse os custos do despedimento que pasa de 45 días a 33 días e de 45 mensualidades a 24 mensualidades como tope. Un punto importante é que se eliminan ademais os salarios de tramitación- que van desde o momento do despedimento até o momento que se califica polo xuíz como nula ou improcedente a extinción- para os casos nos que o empresario opte nos despedimentos improcedentes pola non readmisión do traballador. Elimínase a esixencia de autorización administrativa nos despedimentos colectivos.

O modelo de negociación que se impón quebra o convenio colectivo de eficacia erga omnes, así de novo ábrese a posibilidade de romper acordos adoptados previamente, o que vai repercutir nos niveis de cobertura por negociación colectiva. Aquí as modificacións que se implementan aglutínanse ao redor da posibilidade de utilizar mecanismos de descolgue, que permiten non aplicar as cláusulas do convenio colectivo en supostos nos que hai causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción  -que se entenden de forma ampla- só cun período de consultas non vinculante e no que o desacordo se resolve na Comisión Nacional de Convenios Colectivos.

Xunto ao anterior, dáse prioridade ás unidades de empresa coa consecuencia de debilitar o papel dos sindicatos como negociadores que están nas unidades de sector ou de ámbito superior á empresa.

A xustificación da Reforma laboral en clave de empregabilidade non se sostén se se analizan os contidos da norma máis pensada para cambiar condicións de traballo pactadas e terminación dos contratos. A Reforma Laboral derruba un modelo de convivencia social que prima os acordos e que ten como base os dereitos fundamentais para impor a unilateralidad empresarial como forma de violencia nas decisións.

Das crises só se sae desde a solidariedade como valor do ordenamento xurídico e como valor social.  Poderiamos escoitar a Akerlof, Krugman, Stiglitz e así reconstruiremos sociedades e cidadáns mellores -máis solidarios-, ou ben non escoitar estas voces e entón seremos peores -máis indiferentes ás dores dos demais e máis egoístas- e esta será a herdanza que deixamos.  Se gaña o egoísmo estes cambios transformadores serán máis duradeiros que a crise económica e farán máis difícil ás xeracións de mozos mellores preparados que nunca abrir as portas á construción de sociedades nas que todos nos sintamos parte. Por tanto, xogámonos a esperanza.

***

Podes ler tamén: Entrevista a Julia López: “A reforma provocarà dúmping social”

Fonte: CiJ

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: