Asemblea Estatal 2012: 28 e 29 de abril en Rivas Vaciamadrid (Madrid)

O 11 de febreiro tivo lugar a II Asemblea de Fiare Galiza na Rectoral de Celas de Peiro (parroquia de Celas de Peiro, concello de Culleredo).  Alí unhas corenta persoas puxémonos ao día do feito duranto o último ano por estas terras, traballamos o borrador do plan de traballo para este ano, informámonos das últimas novidades que se están a dar na construción do proxecto Fiare (contamos coa presenza de Clara Soler, a responsable de persoas socias de Fiare estatal), compartimos o xantar conxunto e, grazas as dinámicas preparadas, fomos profundizando en todas as posibilidades, fortalezas, … que temos nos grupos locais (Vigo, Coruña, Compostela, Pontevedra, …) que son a base da construción do proxecto Fiare. Engadimos ao final algunha foto que dan boa mostra de todo o comentado.

Se queres participar e coñecer máis de todo o que se está a facer non dubides e asiste ás reunións dos grupos locais (en Vigo, o 22 de marzo;, en Coruña, o 27 de marzo; en Compostela o 12 de abril; as datas das seguintes reunións poderás consultalas no calendario que aparece no apartado Actividades do blogue).

O próximo 14 de abril, de 12 a 14 horas, convidámoste á reunión da Xunta Directiva de Fiare Galiza, e o mesmo día, de 10 a 12 horas, xuntarémonos todas as persoas que esteamos interesadas en formar parte das comisións de traballo que existen (Difusión/Comunicación, Participación e Formación/Materiais) para así poder facer realidade de forma autoxestionaria e corresponsable todo o programado na asemblea.  Aproveitamos para comertarche que xa tes á túa disposición unha presentación máis actualizada e que pode ser utilizada en charlas (este e outros materiais podes atopalos na sección Materiais).

Todo o anterior permítenos contar con forzas renovadas que se verán acrecentadas cos pulos quer recibiremos na Primeira Asemblea de Persoas Socias a nivel estatal que terá lugar o 28 e 29 de abril en Rivas Vaciamadrid (Madrid).  Alí compartiremos experiencias, novas ideas, … e enchouparémonos dos cambios que en poucos meses farán posible que unha nova fase comece.  Anímate, achégate, pregunta, comprométete e participa! Agardámoste!

Anímate e participa! Xa somos en Fiare Galiza 25 persoas socias xurídicas e máis de 160 persoas socias físicas (a nivel estatal xa somos máis de 2700 persoas socias)!  Cantas máis persoas esteamos dispostas a xuntarnos e a colaborar coas nosas capacidades e saberes máis completa será a construción deste ilusionante proxecto no que estamos encamiñadas!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: