Comunicado da Rede de Economía Alternativa e Solidaria en apoio á folga xeral convocada o 29M

As redes agrupadas en REAS-Red de Redes de Economía Alternativa y Solidaria, ante a convocatoria de folga xeral convocada polos sindicatos e outras organizacións sociais contra a reforma laboral e os recortes sociais, o próximo día 29 de marzo de 2012, lanzamos este comunicado co que queremos apoiar esta folga, como empresas da economía social e solidaria que apostan por un modelo alternativo socialmente xusto e sustentable de desenvolvemento, porque son moitos os motivos que obrigan á cidadanía, ás persoas traballadoras e aos movementos sociais a mobilizarse:

  • Queremos ser parte da folga porque queremos defender a sociedade contra a crise económica, social, ambiental e de coidados á que nos enfrontamos.
  • Queremos ser parte da folga porque sabemos que non hai saída da crise se non é colectiva. Dos que dixeron que “refundarían o capitalismo” non podemos esperar outra saída da súa crise que a terra baldía do empobrecimiento masivo e o medo.
  • Queremos participar nesta folga para protexer o dereito das persoas a ter unhas condicións de traballo e unha remuneración digna, estimulando o seu desenvolvemento persoal e a súa toma de responsabilidades, así como para favorecer o acceso ao traballo ás persoas desfavorecidas e socialmente excluídas.
  • Porque é prioritario refundar a democracia, repartir  a riqueza de forma xusta e construír unha nova carta de dereitos sociais e laborais na UE. Cremos que é necesario que as persoas tomemos as rendas das nosas vidas e do noso futuro, arrebatando o goberno das nosas vidas á ditadura tecnocrática e financeira da escaseza artificial e do endebedamento forzado ao que se trata de someternos.
  • Queremos o diñeiro que nos quitaron e que se reparta entre todos e todas para garantir unha vida digna, sen débeda, medo, autodesprecio e illamento individual e familiar fronte a gobernos e mercados financeiros.
  • Porque cremos nun modelo de empresa comprometida coa contorna social no que se desenvolve, o cal esixe a cooperación con outras organizacións que afrontan diversos problemas do territorio e a implicación en redes, como único camiño para  resolver os problemas aos que nos enfrontamos e construír un sistema económico á medida das persoas e dos ecosistemas.
  • Porque queremos defender as escolas e os hospitais, porque a Sanidade e a Educación son dereitos básicos de todas e todos e porque non queremos hipotecar o noso futuro.
  • Queremos unha casa para todo o mundo, como un dereito humano básico para que as persoas poidan vivir dignamente.
  • Queremos papeis para todo o mundo que vive e traballa aquí como escravos en pleno século XXI.
  • Apostamos polo dereito básico á  cultura libre,  o coñecemento aberto e o software libre, e os datos públicos abertos e libres. Combateremos os monopolios da cultura, dos medios, as telecomunicacións, o software. Coñecemento aberto e público fronte ás patentes sobre a natureza, a saúde ou o coñecemento.
  • Porque a folga é patrimonio de todos e todas, é un dereito conquistado colectivamente, unha ferramenta colectiva que queremos usar e reinventar.
  • Queremos o dereito á vida por encima dunha economía ao servizo da renda financeira do 1%. Esa é a nova negociación colectiva que temos que impor, camiñando mediante ensaio e erro cara á folga do 99%.

As entidades e redes que compomos o tecido da economía solidaria.

Ekonomia Alternatibo eta Solidarioaren Sarearen komunikatua, M29ko Greba Orokorraren alde

Comunicado: ComunicadoHuelga29M-REAS.pdf

Fonte: portal de Economía solidaria.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: