A causa real da crise financeira

Vicenç Navarro – Consello Científico de ATTAC España.

Este artigo sinala como a alianza entre a banca alemá e a banca española foi determinante para a produción do comportamento especulativo desta última, sendo iso unha das causas máis importantes da crise financeira en Europa.

A gran debilidade do argumento neoliberal, que asume que o maior problema da economía española é o déficit e a débeda pública do Estado español, é que os datos, facilmente accesibles, mostran a súa insostibilidade. Cando a crise empezou en España, o Estado español non tiña déficit. Antes ao contrario, tiña un superávit, maior, por certo, que o que tiña o Estado alemán. En 2007, o superávit do Estado español era equivalente a 1,9% do PIB, máis de seis veces superior ao alemán, 0,3% do PIB. E un tanto parecido ocorría coa débeda pública, que representaba en España un 27% do PIB, case a metade da débeda pública alemá, 50% do PIB. En realidade, España era un “modelo” e punto de referencia do pensamento neoliberal mostrado polos economistas neoliberais como exemplo de “ortodoxia” económica.

Ter un superávit moi superior e unha débeda pública moi inferior á de Alemaña non nos serviu de nada. Non nos protexeu da crise. Como pode, entón, dicirse agora que a maior causa da crise é o elevado déficit e a débeda excesiva, cando ter déficit cero e débeda pública baixa non evitou que tivésemos a crise que temos, con máis dun 23% da forza laboral en paro? E por que esta explicación da crise continúa dándose cando a evidencia existente, mostrando o seu erro, é tan abafadora?

E para responder a esta pregunta hai que fixarse en cales son as voces máis estridentes en defensa de tal explicación da crise. E entre tales voces aquelas que teñen un lugar prominente son o Banco Central Europeo e a banca alemá, e o Banco de España e a banca española, que son en realidade os que crearon precisamente a crise. En realidade, a banca alemá xogou un papel crave na xénese da crise e no seu desenvolvemento. Segundo The Bank for International Settlements (BIS) (Xuño 2010), a banca alemá prestou 109.000 millóns de euros á banca española, cos cales esta, en alianza co sector inmobiliario, investiu masivamente, non na economía produtiva do país, senón na economía máis especulativa posible, creando a burbulla inmobiliaria que, ao explotar, provocou a enorme crise e o enorme problema da débeda privada de España, que alcanzou dimensións astronómicas (227% do PIB). A banca alemá conseguiu enormes beneficios, beneficios que, por certo, non investiu en Alemaña para estimular a demanda doméstica alemá, incrementando os salarios e a protección social de Alemaña (tal como Oskar Lafontaine, entón Ministro de Economía e Facenda do goberno alemán, e un dos economistas máis clarividentes hoxe en Europa, quería que se fixese e que, ao non facerse, rompeu co chanceler Schröder, o presidente socialdemócrata alemán responsable, xunto coa chanceler Merkel, das políticas de austeridade a nivel alemán e europeo, políticas promovidas pola banca alemá). En lugar de estimular a demanda alemá (e europea), os grandes beneficios que Alemaña conseguiu da súa actividade especulativa en España (e noutros países periféricos da Eurozona, como Grecia e Portugal), utilizounos para acumular máis e máis euros, converténdose na maior fonte de euros en Europa. O euro vaille pero que moi ben á banca alemá.

Seguir lendo o artigo

[…] En realidade, as solucións son fáciles de ver. E consisten en seguir políticas de estímulo económico, cun intervencionismo público que estimule a economía a base de crear emprego, xunto co establecemento de bancas públicas e unha regulación do sector bancario, forzándolle a que recupere a súa función social, a oferta de crédito. Pero, que non ocorra débese á enorme influencia da banca e outros compoñentes do capital financeiro nas institucións políticas e mediáticas de España e de Europa. Así de claro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: