Unhas poucas verbas sobre o I Encontro de persoas socias de Fiare

O sábado 28 de abril e o domingo 29 de abril xuntámonos máis de 300 persoas socias de Fiare en Rivas Vaciamadrid (novo concello socio de Fiare) no I Encontro estatal de persoas socias deste proxecto de banca ética que leva anos apostando e traballando por unha economía ao servizo das persoas.

Contamos coa participación de varios membros da xunta directiva de Banca Popolare Etica e de Fiare (presidencia, dirección, responsable das áreas de persoas socias, … de ámbalas dúas realidades) que nos foron comentando os pasos a seguir para facer posible o proceso de integración no que estamos e que suporá unha sinerxia que será o froito de varios anos de intensa colaboración e traballo conxunto e que permitirá seguir a promover as finanzas éticas, a transparencia, a renovación das clásicas regras da economía, … para así dar máis pasos para pór a economía ao servizo das persoas.

O sábado pola tarde nos catro obradoiros organizados puidemos escoitar, reflexionar, dialogar, …  sobre os diferentes aspectos que hai que ir perfilando e mellorando neste proceso de integración que acaba de ser refrendado e no que nós somos protagonistas e que terá lugar neste ano e no 2013.  Carlos Taibo estivo connosco o domingo pola mañá permitindo que rematara o encontro sendo conscientes do imprescindible que é o comunitario e a necesidade de camiñar cara ao apoio mutuo que fará posible que as distintas alternativas existentes e por crear permitan o cambio real que a sociedade esixe. Polo tanto, quedounos moi claro a todos os asistentes que precisamos que todas as persoas socias compartamos o que somos, queremos e podemos facer a través dos grupos locais ou do xeito que consideremos oportuno para darlle pulos a este proceso de construción.

Tamén debemos salientar que neste encontro presentamos a nova Memoria Fiare 2011 (en breve tamén en galego) e un marcapáxinas do que poderás e poderedes disfrutar marcando as túas ou vosas lecturas.  Aproveitando que se están a producir cambios fixemos algunhas melloras na presentación que podes ver na sección de materiais deste blogue e no tríptico actualizado que en breve estará rematado.

As dúas fotos que tedes á dereita e á esquerda mostran a constante de todo o encontro: a escoita, o diálogo, a comunicación, as reflexións conxuntas, os desexos de mellorar en sinerxia, a corresponsabilidade, … entre Fiare e Banca Popolare Etica.

O proceso de integración está en marcha.  Todas as persoas socias debemos participar e pór os nosos esforzos e arelas en que isto vaia polo camiño desexado! Agora é o momento de participar e de seguir construíndo este proxecto. Anímate e forma parte dos novos pasos que estamos a dar!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: