Encontros con Fiare en Galiza estes días

Podedes achegarvos e compartir connosco as vosas inquedanzas, dúbidas, propostas, … nos seguintes encontros:

– Reunión da Xunta Directiva de Fiare Galiza (é aberta a todas as persoas socias): o 19 de maio de 2012 ás 10:00 horas.

Reunións dos grupos locais (máis datos no calendario de actividades):

  • Grupo Local de Coruña, o 8 de maio e o 22 de maio de 2012 ás 19:30 horas.
  • Grupo Local de Santiago de Compostela, o 10 de maio ás 20:00 horas.
  • Grupo Local de Vigo, o 10 de maio ás 20:15 horas.
  • Primeiro encontro do futuro Grupo Local de Ourense, o 12 de maio ás 11:30 horas.

Dia do Comercio Xusto e do Consumo Responsable

Charlas-Tertulias-Mesas redondas co gallo da Semana de Comercio Xusto e do Consumo Responsable:

  • “Existe a Banca Ética? Si”, na Cova da Terra en Lugo, o 8 de maio de 2012 ás 20:00 horas.
  • “Como funciona a Banca Ética?”, na Praza de Pontevedra en Coruña, o 12 de maio de 2012 ás 13:00 horas.
  • “Finanzas éticas. Outra banca é posible?”, na Casa das Letras en Ribadeo, o 16 de maio ás 20:30 horas.
  • “Banca Ética”, en Betanzos, o 25 de maio ás 20:00 horas.

Aproveitamos a ocasión para agradecervos a presenza ás persoas que asististes á mesa redonda sobre finanzas éticas  organizada por Un Mundo + Justo Ourense que o pasado 19 de abril tivo lugar no Centro Cultural da Deputación de Ourense e á que fomos convidados.  Co acompañamento de Coop57 Galiza e mais a Asociación Anawín, de Ourense, a xornada contou coa asistenza de máis de 40 persoas, que participaron dunha maneira moi activa dando mostra do grande interese que esperta entre a cidadanía ourensá a problemática da ética financeira e as alternativas existentes que se promoven desde o territorio galego.Na xornada presentouse por parte de Fiare Galiza o concepto de finanzas e banca ética compartido polas 3 entidades presentes na mesa. Falouse de transparencia, corresponsabilidade, coherencia e militancia social mediante o uso do aforro. Como exemplo, a Asociación Anawín plantexou o seu proxecto de aforro de proximidade e concesión de “microcréditos” a iniciativas de emprendemento, similar en formato a AIS O Peto, entidade socia de Fiare Galiza que tamén fai uso de ferramentas parabancarias para pór en circulación o aforro das persoas socias. Coop 57, socia transversal de Fiare, presentou tamén a súa iniciativa de intercooperación financeira entre organizacións sociais.
Desde a Asociación Fiare Galiza insistiuse na necesidade de continuar ampliando o alcance da banca ética en Galiza, entre outras cousas a través da creación dun novo grupo local en Ourense, ante o que diversas persoas asistentes á xornada mostraron o seu interese. Proximamente agardamos por tanto que desde Ourense se motive aínda con máis forza o fortalecemento e amplicación do Proxecto Fiare.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: