Memoria Fiare 2011

Memoria Fiare 2011 en castelán  e en galego: MemoriaFiare2011 (castelán) e MemoriaFiare2011-galego (galego).

Non é esaxerado dicir que o ano 2011 supuxo en diversos aspectos o peche dunha etapa. Unha etapa que poderiamos chamar “fundacional”, na que fomos construíndo a estrutura social básica de Fiare e delineando o noso estilo de funcionamento. Unha etapa na que, como sabedes, apostamos por desenvolver xunto a esta construción social unha actividade financeira incipiente, como axentes de Banca Popolare Etica, que nos permitise ir creando un circuíto de intermediación capaz de conectar aforro e crédito para a trasformación social. Foi unha aposta arriscada e moi custosa, que puidemos levar a cabo grazas ao compromiso dun gran número de persoas e organizacións que traballaron sen descanso, crendo cada día un pouco máis en que Fiare é un proxecto que merece a pena, e facéndoo posible. Unha aposta na que as persoas da nosa estrutura profesional asumiron boa parte da carga, e cuxa entrega e bo facer queremos recoñecer de forma explícita nestas liñas.

A crise financeira e os seus demoledores efectos nas persoas máis febles e nas organizacións que traballan con elas viñeron a reforzar a dolorosa evidencia que nos empuxaba a iniciar o noso camiño. Sabemos, e confirmamos cada día, que a aposta por construír un Sistema de Banca Ética asentado sobre a acción colectiva non é só posible, senón necesario e urxente. Desde esta convicción pechamos unha etapa e afrontamos un novo escenario, no que a fase de axentes vai tocando ao seu fin.

O ano 2012 ábrenos a un novo proceso en que tanto Banca Popolare Ética como Fiare apostamos por crear un proxecto conxunto que nos permita consolidar unha cooperativa de ampla base social. Para Fiare, este novo escenario supón seguir avanzando no que desde o principio da nosa andaina foi a nosa maior aposta: poder operar en todo o Estado como cooperativa de crédito, ofrecendo progresivamente os servizos bancarios habituais e reforzando así un circuíto de intermediación que permitise orientar o crédito á construción dunha sociedade máis xusta e inclusiva.

Nesta nova fase, os retos que afrontamos ademais do desenvolvemento operativo da Cooperativa, seguen sendo os mesmos, e moi especialmente reforzar o capital social, creando unha base social cada vez máis forte e cohesionada, cunhas estruturas de participación que nos permitan seguir pegados á realidade, e poñan en valor as capacidades de todos os que, día a día, construímos Fiare. Temos as vimbias necesarias para facelo. Desde as estruturas de coordinación de nivel territorial e estatal até os grupos locais, a base social de Fiare van aos poucos consolidando unha realidade dinámica en continuo desenvolvemento que mira ao futuro con serena ilusión. Contamos neste camiño coa impagable achega dun Comité de Ética que asumiu a difícil encomenda de ir entrelazando os elementos necesarios para que Fiare sexa un proxecto cuns contornos éticos sólidos, entre os que é necesario destacar a nosa metodoloxía de avaliación ético-social das solicitudes de financiamento e a estrutura de comisións territoriais que a desenvolve.

Podemos dicir que 2011 foi un ano histórico para Fiare. Pero teremos que admitir que, para un proxecto tan novo e tan difícil como o noso, todos os anos o son. Cada día que pasa, cada logro e cada lección aprendida, van construíndo unha historia que non fixo máis que empezar. Hoxe sabemos, con máis evidencias que onte, que podemos seguir construíndo o proxecto Fiare, que cada vez son máis os que queren facelo connosco e, sobre todo, que merece a pena. Isto é precisamente o que esta memoria 2011 [en castelán, en breve estará dispoñible en galego] pretende reflectir.

A Xunta de Redes Socias de Fiare

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: