Fiare Galiza na túa zona!

Podedes achegarvos e compartir connosco as vosas inquedanzas, dúbidas, propostas, … nos seguintes encontros:

Reunións dos grupos locais (máis datos no calendario de actividades):

  • Grupo Local de Coruña, o 5 de xuño e o 19 de xuño de 2012 ás 19:30 horas.
  • Grupo Local de Vigo, o 7 de xuño ás 20:15 horas.
  • Grupo Local de Santiago de Compostela, o 7 de xuño ás 20:00 horas.
  • Seguimos avanzando en Ourense e Lugo.  Anímate a crear un grupo local de Fiare Galiza na túa zona!

Charlas-Tertulias-Mesas redondas:

  • “Existe a Banca Ética? Si”, no local da Asociación A Xuntanza, o 30 de maio de 2012 ás 19:30 horas.
  • A cara oculta da crise. Finanzas éticas: O diñeiro ao servizo da transformación social”, en Betanzos, o 1 de xuño de 2012 ás 20:30 horas.
  • “Finanzas éticas”,  no Liceo en Betanzos, o 15 de xuño de 2012 ás 20:30 horas.
  • Mesa informativa na Festa do Comercio Xusto de Vigo o 9 de xuño de 2012.
  • Varias entrevistas en radio, prensa, …  Moitas grazas pola colaboración de todos vós.  Non dubides en ofertar todos os medios de difusión que consideredes!

– Reunión da Xunta Directiva de Fiare Galiza (é aberta a todas as persoas socias): o 30 de xuño de 2012 ás 10:30 horas.

Algo salientable que tivo lugar nestas últimas semanas foi a aprobación sen votos en contra da entrada do concello de Manzaneda en Fiare Galiza.  É o primeiro concelloque se animou a formar parte deste proceso no que estamos a construír unha alternativa real no mundo da economía.  Anímate a participar desde o teu colectivo, concello, colexio, …!

Dia do Comercio Xusto e do Consumo ResponsableAproveitamos a ocasión para agradecervos aos que vos achegastes ao stand de Fiare que puxemos na xornada de Comercio Xusto que tivo lugar o sábado 12 de maio en Coruña.  Durante todo o tempo estivemos varias persoas socias da zona de Coruña que apoiamos a difusión ao longo de todo o día.  Tamén salientamos a presenza de todas as persoas que asististes á charla-diálogo que houbo ás 13:15 horas e na que explicamos brevemente os principios da banca ética e, máis polo miúdo, en que consiste Fiare e a forma de colaborar, empregando a presentación elaborada polo grupo local de Coruña.  Foi significativo que na charla houbera varias ducias de persoas, facendo varias cuestións sobre o funcionamiento de Fiare e a súa actividade como futura cooperativa de crédito.  A actividade de difusión desde o grupo local de Coruña continuou o domingo 13 de maio cunha charla no Obelisco, organizada polo 15M da Coruña.

Tamén o sábado 12 de maio participamos, diante de aproximadamente un cento de persoas achegadas pola convocatoria dos movementos de indignados de Cangas á unhas xornadas que levaban por título “Pensamento Libre”. Expuxemos despois de que a compañeira de Coop57 dese unha visión histórica do que foi e no que se converteu hoxe a súa cooperativa de crédito, cales son os seus principios, como se articulan nos diferentes ámbitos estatais e quen forma parte do proxecto, asi como a transversalidade con respecto de Fiare. Xusto despois leuse o manifesto do 12M15M, por parte dunha das rapazas organizadoras do evento, dando paso á presentación de Fiare que tivo seis ideas clave: Construír a Banca ética asentada sobre a acción Colectiva; 2012. Novo Proceso; A aposta de FIARE; Avaliación Ético-social; O Capital Social; O Modelo Cooperativo. A isto engadiuse o aliñamento de Fiare coas campañas do 15M tales como “Non co meu Diñeiro” e fíxose referencia a algunha das cifras de crédito que se sinalan na Memoria de Fiare 2011. Tamén se visibilizou na charla un cartel de “Fiare Punto de Difusión”, e repartíronse trípticos do proxecto entre os primeiros que se achegaron á charla. Para rematar abriuse unha rolda de preguntas onde aproveitemos para anunciar que todas as persoas que se sentiran cercanas a algún dos dous proxectos expostos, que dispuñan de fichas de solicitude e convenios para facerse socias e así participar na construción destes proxectos tan interesantes. Realizáronse varias preguntas e pecháronse as charlas coa invitación a sumarse á marcha do 15M que percorreu as rúas de Cangas coa presenza de múltiples colectivos entre os que destacaban as plataformas de afectados polas preferentes, algún dos cales se nos achegou, para saber se podia abrir unha conta corrente en Fiare. A nosa resposta foi de que apostase por facerse persoa socia e así contribuír a crear aquilo que hoxe nos estaba reclamando. Pouco a pouco, tras o traballo e axudados polo traballo en grupo imos mellorando a claridade da exposición e tomando ideas para posibles novas charlas.

Desde Fiare Galiza asistimos moi gustosos a todos os encontros aos que somos invitados/as e neste caso tamén, co gallo da Semana de Comercio Xusto e do Consumo Responsable organizada por Amarante-Setem, participamos na charla-tertulia “Finanzas éticas. Outra banca é posible?”, na Casa das Letras en Ribadeo, o 16 de maio ás 20:30 horas conxuntamente cun compañeiro de Coop57 Galiza co que compartimos diante dunha veintena de persoas o que son e pretenden ser Coop57, Fiare e AIS O Peto.  Houbo gran variedade de preguntas que nos motivaron na reflexión e no diálogo tan enriquecedor que seguiu despois da charla.

Consideramos moi importante continuar ampliando o alcance da banca ética en Galiza, entre outras cousas a través do coñecemento dos tres proxectos e, no caso de Fiare Galiza coa creación de novos grupo locais para achegarnos a todos os recunchos da nosa terra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: