Encontros desta semana

Hoxe martes, 19 de xuño de 2012, ás 19:30 horas, o Grupo Local de Coruña reunirase no lugar habitual para pór en común as súas inquedanzas e para seguir afondando no proceso de construción desde o local que é primordial en Fiare.  Achégate!

Tamén tes a oportunidade de formar parte deste proxecto se te moves polo interior, xa que o xoves desta semana, 21 de xuño de 2012, se vives en Ourense poderás formar parte do encontro-tertulia que terá lugar ás 20 horas no Espazo Xove desta localidade e que organiza o Grupo Local de Ourense.  Alí poderás atopar resposta ás túas dúbidas, compartir outras novas, propor actividades, …  Anímate!  Agardámoste!

Tamén engadir que este venres 22 de xuño de 2012 será o día escollido para poder participar na presentación do proxecto Fiare ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas no IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) de GONDOMAR.

 

Advertisements

2 Respostas

  1. Cal é o local habitual da Coruña?. Non temos nin idea de que exista.

    • É O lugar habitual de reunións. Podes ver a dirección no calendario de actividades. Grazas polo teu interese.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: