Acaparamento de terras

Entre os días 20 e 22 de xuño de 2012, os gobernos de todo o mundo reúnense en Río de Janeiro, Brasil, para conmemorar os 20 anos do “Cume da Terra”, a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento (CNUMAD), que estableceu por primeira vez unha axenda global para o “desenvolvemento sustentable”. Movementos sociais de todo o planeta organizan en paralelo a esa instancia o Cume dos Pobos onde se denunciará a mercantilización da natureza na denominada “Economía Verde” e exporanse alternativas ao avance do capital sobre os bens naturais, a enerxía e a agricultura.

Co gallo deste Cume dos Pobos queremos lembrar a existencia de numerosas denuncias e resistencias que xorden en relación cunha actividade cada vez máis estendida nos últimos anos e aproveitamos o marco da campaña internacional contra este acaparamento de terras que codena á miseria a unha grande parte da poboación de moitos países. Radio Mundo Real ofrece esta sección especial onde se rexistran testimonios dos efectos e resistencias a este proceso global en detrimento dos dereitos das comunidades e da soberanía dos estados. Esta sección é alimentada en alianza cos compañeiros de GRAIN a través de www.farmlandgrab.org
Este sitio contén sobre todo reportaxes e noticias sobre a febre mundial por mercar ou alugar terras de cultivo no estranxeiro como estratexia para asegurar o subministro de alimentos básicos ou simplemente con fins de lucro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: