Banca Ética – Información e difusión. Unha alternativa real, hoxe, á banca convencional.

Acábase de abrir esta interesante web sobre banca ética e reproducimos a mensaxe do seu grupo promotor:http://infobancaetica.wordpress.com
Somos un grupo de persoas que, desilusionados co sistema financeiro e cansos de ser meros espectadores do rumbo que tomaba o noso diñeiro, decidimos facer algo para ser donos do destino dos nosos aforros e poder decidir que se fai con eles. Facer algo, si pero que? Hai pouco máis dun ano ouvimos falar sobre os bancos éticos. Bancos éticos? Que son? Realmente funcionan? Son fiables? É seguro meter aí o meu diñeiro?Buscando aquí e acolá démonos conta de que hai moita información respecto diso regada pola rede, e moitas iniciativas ás que un se pode unir, que buscan non só denunciar as malas prácticas da banca tradicional, senón tamén facer outro tipo de banca, a banca ética.

Pensamos que sería útil ter toda esta información nun mesmo sitio e difundila, para que outras persoas que teñan a mesma inquietude que nós tivemos atopen un bo punto de partida para informarse e empezar a buscar.

Tentamos elaborar, pois, unha web de recompilación de información clara e concisa sobre banca ética nun mesmo sitio. Incluímos datos, noticias, ligazóns, vídeos, lecturas, etc., que apoien a información das distintas páxinas, e tentamos estruturar a información da forma o máis alcanzable posible.

Queremos traballar por difundila entre un público o máis amplo posible e queremos a túa axuda para iso. Agradeceriámosche que apoiases esta iniciativa de difusión e información sobre finanzas éticas (pon unha ligazón no teu blog ou páxina web, pon unha ligazón en facebook, twitter, etc…).

Por dar máis detalles, esta páxina elaborámola persoas alleas á banca ética (non traballamos para eles nin somos voluntarios pero ouvimos falar do tema hai un ano e interesámonos por difundilo), en colaboración cun voluntario que traballa con Fiare e que nos axudou pasándonos información máis detallada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: