Glocalización ou circuítos curtos de distribución

Autor: Adolfo López de Munain

«Dispúñame a recoller do estante unha bolsa de modestas patacas nun coñecido supermercado de Donostia, cando se me ocorreu comprobar de onde procedían os tubérculos, esperando confirmar que viñan de Álava, terra tradicionalmente produtora deste froito.

Para a miña sorpresa, baixo a referencia do importador nacional, figuraba, en letra ben pequena por certo, a orixe gala do produto. Un pouco frustrado, rebusquei noutras marcas e presentacións co mesmo resultado: todas as patacas do supermercado, nas súas diferentes variedades, procedían de Francia. Da frustración pasei á intriga e dediquei uns minutos adicionais a comprobar a orixe dos produtos frescos que en gran variedade, ofrecíanse nos expositores.

O balance non puido ser máis desolador. Salvo unhas orgullosas mazás reinetas procedentes de León, o mar de froitas e verduras era como unha pequena ONU das hortalizas, con delegacións de Holanda, Marrocos, Francia, Italia, Austria, Chile, Ecuador, Brasil, entre os que podo lembrar. Até as laranxas valencianas competían cunhas lustrosas primas, vindas de Sudáfrica. Lembrei entón unha noticia lida uns días antes onde se contaba que os camións que levaban patacas valencianas a Alemaña, regresaban á cidade do Turia cargados de maquinaria industrial?, de produtos químicos? Non; viñan de volta cargados de… patacas francesas.

Mentres os nosos políticos dedícanse a pensar como recortar a débeda rampante ou como reactivar a nosa maltreita economía, pregúntome como cidadán que fixemos tan mal para crear un turismo europeo ao redor da pataca.

Algún economista diríame rapidamente que isto é un froito da globalización. Estou de acordo, pero engadiría: da globalización da cobiza descontrolada e a estupidez. Día tras día escoitamos impertérritos como os nosos agricultores e gandeiros loitan por sobrevivir cuns prezos estancados e dependendo para vivir, cada vez máis, das axudas comunitarias que da venda xusta do froito do seu propio traballo.

Desta forma, o mercado, ese arcano tras o que se esconden os vivais, recolle unha colleita xa subvencionada por todos nós e articula unha andrómena tramposa que fai posible que as patacas que se cultivan a media hora da miña casa sexan máis caras que outras traídas desde Exipto.

Seguir lendo o artigo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: