29 de setembro: Asemblea Extraordinaria Fiare Galiza

O vindeiro 29 de setembro atoparémonos na Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación FIARE Galiza, que terá lugar en Vigo, no local social de Proclade – Parroquia do Inmaculado Corazón de María, Rúa Honduras, nº 7.

Incluímos un documento en pdf coa convocatoria, a orde do día e un plano de situación do lugar da reunión: Convocatoria

Estamos nun momento clave cara a materializar definitivamente un proxecto de Banca Ética dentro do Estado Español. Todo parece indicar que a fórmula viable que temos é un acordo con Banca Popolare Ética coa cal, como xa sabes, levamos traballando uns cantos anos.

Todas e todas nós temos unha serie de preguntas, incertezas, dúbidas, … que nos gustaría poder responder satisfactoriamente, por iso é moi importante a nosa asistencia a esta Asemblea Contaremos coa presenza de Peru Sasia que non acompañará neste encontro.

A esta convocatoria achegamos unha serie de documentación que foi ou será debatida nas xuntanzas dos Grupos Locais de setembro que agardamos nos sirva para botar algo de luz sobre o que pode ser o futuro do proxecto Fiare tanto a nivel estatal como en Galiza.  En caso de non tela podes escribir a: persoassocias@fiaregz.com

Agardando poder contar coa túa presencia, sen máis, recibe unha aperta.  Vémonos o 29 de setembro!  Non o dubides!

Tes máis información no evento de facebook.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: