Razóns para impulsar unha banca ética e cidadá. Resumo da conferencia de Peru Sasia (FIARE).

Fonte: Fiare CyL.

Podes saber máis do proxecto Fiare lendo a Memoria Fiare 2011: MemoriaFiare-2011-xullo2012-galego-ac

No salón de actos de CC.OO. PV cunha ampla asistencia de representantes do mundo asociativo, Peru Sasia, presidente da Rede FIARE falou sobre as razóns para impulsar unha banca ética e cidadá.

Presentou o acto e aos compoñentes da mesa, Joan Sifre, coordinador da FEIS. Na súa intervención destacou o interese da nosa Fundación por abrir espazos de debate sobre alternativas económicas de base asociativa e popular. Lembrou que xa en novembro de 2009, aproveitouse a presentación do libro “Democracia Económica” para invitar aos coordinadores da publicación, Toni Comin e Luca Gervasoni, para falar do seminario desenvolvido en Barcelona sobre a obra de David Schweickart “Against Capitalism”. Unha das realidades que concretan esta proposta de democracia económica é a de banca ética, que é desenvolvida no libro colectivo citado por Peru Sasia.

CC.OO. PV súmase así a este debate, apoiando a iniciativa de FIARE Xarxa Valenciana, e contribuíndo a que se coñeza no ámbito sindical. Agradeceu a todas as personas asistentes a súa presenza e participación no coloquio.

Francisco Cobacho, representante de Novaterra, unha das entidades socias en Valencia de FIARE, felicitouse pola convocatoria e a importancia de non instalarse na queixa sobre a realidade coma se nada se puidese facer. Tamén no financeiro hai alternativas que supoñen un “pasar á acción”. FIARE é un acrónimo da Fundación para o Investimento e o Aforro Responsables que iniciou a súa andaina partindo da convicción de que, ademais de ser clientes, é posible ser protagonistas dun proxecto de finanzas colectivo, participativo e responsable.

A continuación presentou a Peru Sasia como a alma deste proxecto. De Bilbao, doutor en ciencias químicas, alto executivo dunha empresa de novos materiais, profesor en Deusto de ética profesional e responsabilidade social empresarial, contando con numerosas publicacións. É presidente desde 2005 da Rede e del destacou a súa traxectoria de compromiso ético e militante coa transformación social, asumido ademais con plena coherencia persoal, con intelixencia e con paixón.

Peru Sasia comezou presentando FIARE como un proxecto de acción colectiva, de persoas e organizacións sociais, en permanente construción. Un proxecto oportuno, necesario e útil.

Expresou o seu agradecemento pola organización do acto porque FIARE constrúese así: confrontando a realidade, expondo alternativas posibles… e definindo os seus trazos como proxecto. Quere ser como debe ser. É un modelo posible, pero non o único. Pero vai avanzando. Se non fóra así, desacreditaríase e morrería enterrado entre os soños imposibles.

Iniciouse en 2001, desde a convicción de que este sistema económico é un desastre. Desde a perspectiva da xustiza, por non atender ás necesidades básicas e por xerar vítimas directas e danos colaterais. Mirando globalmente, este é un capitalismo vello e “oxidado”, que non consola nin ás clases medias.

Hoxe é de actualidade o debate sobre se “rescate” ou “intervención”… pero o que hai que facer é definir os problemas e quen ten vontade de resolvelos ou quen pode resolvelos. No económico e financeiro hai axentes demasiado poderosos, suxeitos responsables dunhas neglixencias evidentes, estados demasiado débiles, consumidores excesivos… Probablemente en toda a historia da humanidade non houbo un diagnóstico moral tan unánime como agora… nin tan irrelevante. Calquera persoa comparte este diagnóstico, pero este non lle move á acción. Non é o diagnóstico das persoas agraviadas. Hai unha longa lista de persoas, nada sospeitosas de estar lonxe dos centros de decisión, que comparten tamén o diagnóstico, pero temos que concluír que no mundo da ética non houbo moitos cambios se levamos tantos anos falando das mesmas cousas… E, ante isto hai que exporse: “eu cidadán ou cidadá, organización… que podo facer?”.

A primeira sensación que temos é que isto nos supera, que estamos como afogados neste sistema económico. E que isto non ten graza, nin é inocente. Hai respostas cidadás posibles? Porque se as hai, temos que agarrarnos a elas, empoderándonos, recuperando os vellos lemas da “solidariedade con terceiros” e a acción solidaria, mesmo asistencial, porque é imprescindible nestes tempos…

Pero o importante é ir creando alternativas e outra maneira de facer as cousas. Hai que ser conscientes que no “micro”, consumir é máis importante que votar. Tal e como se están construíndo as lóxicas sociais non podemos dar as costas ás decisións económicas cotiás. Estas trasladan, consciente ou inconscientemente, unha mensaxe inmanipulable, sincronizado… de que ser cliente considéroo positivo e que o provedor ou provedora conta co meu apoio. As nosas pautas de consumo son un “lugar político”, teñen relación directa coa esfera pública, pero non están mediadas polo político e as súas orientacións.

Nós pensamos en crear unha alternativa, un banco de verdade “no corazón da besta”. A súa lóxica inicial era desenvolver propostas de acción colectiva que pechen “circuítos curtos” de produción, distribución e consumo. FIARE é un “circuíto curto”. E “pequeno”. Porque un millón de euros ao mes en créditos é pouco, comparativamente. E é moito porque se trata dunha proposta de acción colectiva e o sistema quérenos individualistas e apocados. Gústame lembrar que ao “corralito” tres millóns de arxentinos responderon con “troco”, porque foron capaces de manter circuítos curtos de reciprocidad e compartir. Podemos nós e nós facer algo similar?

FIARE ten unha base cooperativa, que se integra con bases cooperativas sólidas italianas, cun desenvolvemento horizontal, territorial. Cun valor simbólico e cultural, custoso, pero non irracional. Desde logo, non máis irracional que ligar o valor do diñeiro á oportunidade de obter rendibilidades “atípicas”. Nós pensamos que a rendibilidade non debe separarse das consecuencias e “danos colaterais” que normalmente non se teñen en conta. Pensamos tamén que as alternativas eficaces son as que xeran autonomía. E imos amodo, si, porque imos lonxe.

Podedes consultar a nosa memoria [este enlace é a memoria en castelán, en galego tédela ao principio do artigo ou na sección de documentos]. Veredes “cousas chiquitas”, que diría Galeano, pero que desencadean a “alegría de facer” e a importancia da acción colectiva.

En banca ética, construímos. Adquirimos autonomía. Contamos co apoio sostido de persoas e organizacións sustentables. E este proxecto non debería “torcerse”. O “círculo organizacional” é unha SL para aterrar en ser cooperativa. Construímos organizacións territoriais que agrupan 300 organizacións moi variadas: de inserción social, cooperativas de desenvolvemento, agroecoloxía, organizacións sindicais, colectivos e comunidades relixiosas. O segundo circulo son persoas organizadas en grupos locais. Este mes alcanzamos os 3.300.000 € de capital social e unha rede de 3000 persoas vinculadas.

Nunca quixemos ser un “chiringuito”. Até agora, somos axentes de Banca Popolare Etica Italiana que é un banco cooperativo sólido. Interésanos un tecido social forte. E imos avanzando no proxecto que corresponde a quen vivimos o “imperativo da disidencia”, pero queremos construír alternativas.

A esta exposición seguiu un coloquio entre as persoas asistentes e Peru Sasia e José Redondo, presidente de FIARE Xarxa Valenciana.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: