Ugo Biggieri “A crise actual é un bo momento para facer un banco alternativo”

Entrevista a Ugo Biggeri, presidente de Banca Popolare Etica de Italia

-O ano que vén está previsto que o proxecto FIARE se integre plenamente en Banca Popolare Etica (BPE) de Italia. Cales son os pasos?
A última asemblea de BPE aprobou a creación da área do Estado español case por unanimidade. Fixemos un estudo de viabilidade que concluíu en xuño, que foi aprobado polos Consellos de Administración de FIARE e de BPE e foi enviado ao Banco de Italia, que ten que dar o visto e prace este mes de outubro e esperamos que non haxa problemas. Por lei o Banco de España non pode dicir que non.

-É a primeira vez que BPE terá oficinas fóra de Italia?
A organización de BPE ten catro áreas en Italia (noroeste, nordeste, centro e sur de Italia) e a quinta área será a do Estado español. Aínda que tecnicamente e o método da participación é o mesmo, vai haber un proceso de descentralización que estamos a concretar con FIARE para adaptar o servizo á realidade do Estado español. Poden abrirse unha ou máis filiais no Estado español. Os sitios elixidos son Bilbao, Barcelona e Madrid. Se se abre unha soa será en Bilbao. Fixemos unha investigación cos nosos clientes e o 90% dos nosos clientes ten un código postal diferente ao código do dezaseis oficinas do BPE que hai en Italia. É un bo indicador de que é un banco co que se pode traballar a distancia. Vai ter un servizo bancario case completo, como outros bancos (contas correntes, cartóns electrónicos…).
Persoas socias de BPE son 30.000 e as de FIARE son 3.000, pero moi activas e mellor organizadas que as italianas.
Unha vez se dé este paso, BPE vai deixar de ser un banco italiano para ser un banco europeo.

-Que supón e como o valoras?
É un paso nun camiño emprendido fai sete anos e que vai traer consigo que haxa unha única cooperativa, que é a actual cooperativa Banca Popolare Etica (BPE), na cal se crea unha área autónoma que abarca ao Estado español. Esta cooperativa ten un compoñente participativo moi forte.
Case seguro que o primeiro ano vaise a perder polos investimentos que se requiren, sobre todo en programas informáticos, pero é normal e asumímolo, porque pensamos que hai moi boas posibilidades de desenvolvemento. Coa crise e a situación dos bancos no Estado español é un bo momento para facer un banco alternativo. Pode ser algo cómico, porque mentres os outros bancos recortan, nós abrimos novas oficinas.

-Podes explicar máis o do compomente participativo?
BPE conta cunha estrutura asociativa voluntaria dos seus membros, que é paralela á estrutura operativa e hai interaccións entre ambas a todos os niveis. A diario hai unha relación entre unha coordinadora dos asociados recoñecidos por BPE como grupos de inciativa territoriais -que se crean a partir de douscentos socios- coas oficinas do banco que está no territorio. Esta relación significa que van dar a súa opinión sobre os proxectos que se van a financiar desde o punto de vista ético e social. Á súa vez, eses grupos participativos realizan outras tarefas como buscar novas persoas asociadas, novo capital social, realizar actividades políticas. A BPE é unha alternativa porque vive precisamente dese traballo participativo.
O aspecto participativo é un pouco revolucionario, porque se se utiliza o mecanismo cooperativo dentro dun banco hai a posibilidade de que con pouco diñeiro de moita xente fanse grandes cousas.
Por outra banda, dentro dos bancos éticos, BPE é un dos máis comprometidos a nivel político. Politicamente, non propiamente como banco, apoiamos a campaña “non co meu diñeiro”, que serve para que a xente pense onde vai o seu aforro nos bancos convencionais.

Seguir lendo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: