Mecánica do muro

Josep Maria Antentas é profesor de Sociología da UAB. Analiza as estratexias de represión e medo por parte dos poderes para impor políticas antisociais e poder cumprir a súa axenda tras o proceso de descrédito e perda de lexitimidade do neoliberalismo. Afirma que non existe unha conspiración planificada, pero si unha minoría financeira que busca subxugar á maioría da poboación e un cambio de modelo de sociedade. Defende o anticapitalismo como un imperativo necesario ante a constatación do fracaso do sistema: “Son os procapitalistas os que deben xustificar a súa fe nun sistema que, demostrouse, só serve a unha ínfima minoría”. Afirma que o reto actual está en dotar ao anticapitalismo de contido concreto, coa dificultade da falta de referentes ante os retos actuais. Explica como o actual é un segundo ciclo de mobilizacións que, a diferenza do movemento antiglobalización, “bota raíces no máis fondo da sociedade”. Di que hai que entender que “os cambios sociais de tipo revolucionario inclúen situacións de violencia como reacción á represión das clases dominantes”, pero que isto non é incompatible con defender a non violencia como unha estratexia intelixente para desacreditar ao poder e gañar apoio social.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: